Montes Pónticos

Os montes Pónticos ou Alpes Pónticos (en turco: Kuzey Anadolu Dağları, que significa Montes de Anatolia do Norte) forman unha cordilleira no norte de Anatolia, Turquía. Son coñecidos como Montes Parhar nas linguas locais turca e grego póntico. O vocábulo Parhar procede dunha palabra hitita que significa "alto" ou "cumio".[1] En grego antigo os montes coñecíanse como os Paryadres[2] ou montañas Parihedri.[3]

Montes Pónticos
Sumela Showing Location.JPG
Mosteiro de Sumela nos montes Pónticos
Pontisches Gebirge.png
Localización
Continente/sAsia
País/esTurquía Turquía, Xeorxia Xeorxia
CoordenadasCoordenadas: 40°30′N 40°30′L / 40.500, -40.500
Datos
Principais cumesKaçkar Dağı
Cota3937 msnm
Lonxitude1000 km
Orientaciónleste/oeste

XeografíaEditar

 
Vista panorámica dos montes Pónticos en 2007

O cordal vai de leste a oeste, paralelo á próxima costa do mar Negro. Esténdese polo nordés ata Xeorxia e polo oeste ata o mar de Mármara, coa estribación ao noroeste dos montes Küre (e a súa extensión occidental, os montes Akçakoca) e dos montes Bolu, seguindo a costa. O pico máis alto da cordilleira é o Kaçkar Dağı, que alcanza os 3937 m. As fallas de Anatolia Norte e de Anatolia Nordés, de leste a oeste, corren ao longo do cordal.

EcoloxíaEditar

Os montes están en xeral cubertos por bosques densos, predominantemente de confíeras. Estes bosques forman unha ecorrexión que cobre a maioría da cordilleira, mentres que os bosques mixtos do Cáucaso se estenden pola parte máis oriental do cordal, coñecido como montes Kaçkar. A rexión é o fogar de moita fauna euroasiática como o gabián, a aguia real, a Aquila heliaca, a aguia pomerana, o Lyrurus mlokosiewiczi, o Serinus pusillus e o gabeador vermello.[4] A estreita faixa costeira entre os montes e o mar Negro, coñecida como Ponto é o fogar dos bosques de frondosas de Ponto Euxido-Cólquida que contén algúns dos poucos bosques temperados húmidos do mundo. A meseta de Anatolia, ao sur do cordal, ten un clima continental considerabelmente máis seco que a húmida costa.[5]

NotasEditar

  1. "Karadeniz Ansiklopedik Sözlük". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2008. Consultado o 12 de agosto de 2020. 
  2. Estrabón (1923). "XI". Geography. p. xii.4. 
  3. Pliny, the Elder (77-79). "VI". Natural History. p. iix.25. 
  4. Couzens, Dominic (2008). Top 100 Birding Sites of the World. University of California Press. pp. 73–75. ISBN 978-0-520-25932-4. 
  5. "Pontic Mountains and highlands". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2014. Consultado o 12 de agosto de 2020.