Monte Enxameado
monte en Curtis
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Enxameado.
Coordenadas: 43°07′06″N 8°04′07″O / 43.118212, -8.068535
O monte Enxameado de 602 metros é o punto máis alto no concello de Curtis. Fai de fronteira e límite entre os concellos de Curtis, Vilasantar e Sobrado ―parroquias de Curtis, San Vicenzo de Curtis e A Ciadella―[1] e nel nace o río Cabalar.
Monte Enxameado | |
---|---|
![]() Vista do alto do monte Enxameado en Curtis. | |
Localización administrativa | |
Localización | Curtis, San Vicenzo de Curtis e A Ciadella, ![]() |
Características xerais | |
Altitude | 602 m |
No alto hai un vértice xeodésico e dúas antenas de telefonía móbil. Accédese pola estrada DP-3201, Curtis-Santaia.
Patrimonio editar
En 1980 foron localizadas dúas mámoas no monte Enxameado. Unha a 20 metros do cumio e a outra a 250 metros.[2]
Galería de imaxes editar
|
Notas editar
- ↑ Enxameado. Enciclopedia Galega Universal. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 02 de maio de 2013.
- ↑ Felipe Criado Boado. Catalogación de mámoas en los municipios de Curtis, Sobrado y tierras adyacentes. Separata de Brigantium, boletín do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña. 1980. Pax. 23.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monte Enxameado |
Bibliografía editar
- Felipe Criado Boado. Catalogación de mámoas en los municipios de Curtis, Sobrado y tierras adyacentes. Separata de Brigantium, boletín do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña. 1980. 40 páxinas.