Montañas de Aïr

As montañas de Aïr ou o macizo de Aïr (en tamasheq: Ayăr; hausaoriental Azbin, occidental Abzin) é un macizo triangular localizado no norte de Níxer, no deserto do Sáhara. Forman parte da ecorrexión do monte xerófilo do Sáhara Occidental, e elévanse a máis de 1.800 metros de altitude e esténdense por máis de 84 000 km².[1] Localizadas no medio do deserto, ao norte do paralelo 17, o val de Aïr, cunha altitude de entre 500 e 900 metros, forma unha illa climática no Sahel que permite unha ampla variedade de vida, unha diversidade de coumunidades pastorais e agrícolas, e rechamantes lugares xeolóxicos e arqueolóxicos. Existen salientables lugares arqueolóxicos na rexión, indicativos dun pasado prehistórico na rexión.[2] O licaón (Lycaon pictus) que se encontra en perigo de extinción, habitou outrora nesta rexión, mais podería ter desaparecido da zona como consecuencia da superpoboación.[3]

Montañas de Aïr.

A área foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1991, xunto co Teneré, formando parte das Reservas naturais de Aïr e de Teneré, que abranguen unha extensión de 7.736.000 ha. En 1992, foi incluída na lista do Patrimonio da Humanidade en Perigo.

Notas editar

  1. Thorp, M. B. (1969). "Some aspects of the geomorphology of the Air Mountains, southern Sahara". Transactions of the Institute of British Geographers 47 (47): 25–46. JSTOR 621733. doi:10.2307/621733. 
  2. Shaw, Thurstan; Sinclair, Paul; Andah, Bassey; Okpoko, Alex (1995). The Archaeology of Africa: Food, Metals and Towns. Routledge. ISBN 0-415-11585-X. 
  3. C. Michael Hogan. 2009. Painted Hunting Dog: Lycaon pictus, GlobalTwitcher.com, ed. N. Stromberg Arquivado 9 de decembro de 2010 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar