Monica Frassoni

política italiana

Monica Frassoni, nada o 10 de setembro de 1963 en Veracruz (México), é unha política italiana de orientación ecoloxista, que pertenceu a diversos partidos verdes europeos.

Infotaula de personaMonica Frassoni

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de setembro de 1963 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Veracruz (México) Editar o valor em Wikidata
Eurodeputada
Representa: Partido Radical (pt) Traducir

20 de xullo de 2004 – 13 de xullo de 2009

Circunscrición electoral: North-West Italy (en) Traducir

Eurodeputada
Representa: Ecolo (pt) Traducir

20 de xullo de 1999 – 19 de xullo de 2004

Circunscrición electoral: French-speaking electoral college (en) Traducir

Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Florencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoGreen Italy (en) Traducir (2013–)
Partido Verde Europeu (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata

Páxina webmonicafrassoni.org Editar o valor em Wikidata
Facebook: monicafrassoni.page Twitter: monicafrassoni Editar o valor em Wikidata

Primeiros anos editar

Diplomada en Ciencias políticas, comeza a súa actividade política en 1983 no seo do Movemento Federalista Europeo, e en 1987 é elixida Secretaria-xeral europea dos JEF (Mozos Europeos Federalistas), a sección de mozos do movemento.[1]

Traxectoria política editar

Desde 1990 até xuño de 1999, Frassoni foi conselleira do Grupo dos Verdes no Parlamento Europeo onde se encargou dos temas institucionais, de regulamento interno e inmunidade.

En 1999 foi elixida eurodeputada por primeira vez polo partido francófono belga Ecolo.

En 2004 presentouse de novo ás eleccións europeas, esta vez en Italia xunto á Federación dos 200s (pertencente ao Partido Verde Europeo) pola circunscrición Noroeste. Durante esa lexislatura foi co-presidenta do grupo parlamentario Verdes/ALE xunto a Daniel Cohn-Bendit, até 2009. O 15 de xaneiro de 2007 foi candidata a presidir o Parlamento, quedando en segundo lugar con 145 votos, por detrás do candidato PPE-PSE Hans-Gert Poettering.[2][3]

Desde 2010 forma parte do padroado da Fundación Equo en España.[4] Actualmente os mozos verdes italianos piden a súa dimisión como copresidenta do partido verde europeo pola súa candidatura como independente con SEL, mentres que os Verdes italianos apostaron pola coalición Revolución Cívica.[5]

Notas editar

  1. "JEF Europe: History". jef.eu. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2019. Consultado o 2017-10-02. 
  2. El democristiano Hans-Gert Poettering, elegido presidente del Parlamento Europeo El País, 16/01/2007. Consultado o 17 de decembro de 2007.
  3. "Debates - Tuesday, 16 January 2007 - Announcement of the candidates for election to the office of President". www.europarl.europa.eu. Consultado o 12 de abril de 2019. 
  4. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2012. Consultado o 19 de marzo de 2012. 
  5. LA MIA RISPOSTA ALLA RICHIESTA DI DIMISSIONI DAI VERDI EUROPEI

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar