Moeda dun franco Primeira República (1992)

moeda conmemorativa francesa de 1992
1 franco Primeira República (1992) [1][2][3]
1francRepublique1992avers.png 1francRepublique1992revers.png
A/: Busto drapeado da Liberdade cara á esquerda con barrete frixio. No exergo sinatura do gravador.

Lendas: RÉPUBLIQUE FRAÇAISE

R/: Valor facial dentro dunha coroa de pólas de oliveira. No exergo a data e marcas de ceca (caduceo e golfiño).

Lendas: LIBERTÉ ÉGALITÉ FRATERNITÉ /1 FRANC / 1992

O franco Primeira República é unha moeda con valor facial dun franco francés emitida en 1992 en conmemoración do bicentenario da proclamación da primeira República Francesa, en 1792.[1][2][3]

Moeda circulanteEditar

Tanto o anverso como do reverso desta moeda retoman dous deseños moi característicos de diversas moedas francesas da primeira República.[1][2]

O anverso reproduce a mítica Marianne revolucionaria creada polo gravadior xeral de moedas de Francia Agustin Dupré (1748-1833) en 1795, inspirándose en Minerva, deusa da intelixencia e da sabedoría, co barrete frixio símbolo da liberdade. Este anverso foi utilizado en varias das primeiras moedas republicanas francesas a partir do ano 4 da Revolución (1795).[1][2]

O reverso é un deseño de Pierre-Joseph Tiolier (1763-1819), tamén gravador xeral, que caracterizou unha gran cantidade de moedas francesas de todo o século XIX e mesmo de épocas posteriores.[1][2]

Da produción do franco conmemorativo do bicentenario da proclamación da primeira República Francesa encargouse a Monnaie de Paris.[1][2]

Existe unha variante da moeda, á parte do seu modelo estándar. Trátase dunha tiraxe reducida cun acabamento especial (proof ou essai), con fondo espello e relevo mate, na que se inscribiu a palabra ESSAI en letras verticais pequenas no anverso, á dereita do busto da Marianne.[1][4]

TiraxesEditar

Ano de emisión Tipo Exemplares cuñados
1992 Proof - Essai 1.850
Estándar 30.000.033

Emisións especiaisEditar

Á parte da súa emisión ordinaria, destinada á súa posta en circulación, existen tamén outras tres versións desta moeda destinadas ao mercado do coleccionismo e do investimento: unha delas é a cuñada en platino (999 milésimas, 24 mm, 11 g), cunha tiraxe de 2.000 exemplares;[5][6] outra en ouro (920 milésimas, 24 mm, 9 g), cunha tiraxe de 5.000 exemplares;[7][8] e unha terceira en prata de tamaño meirande (900 milésimas, 28 mm, 15,55 g), da que se cuñaron 40.000 exemplares.[9][10]

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar