Modesto López Teijeiro

escritor e político galego

Modesto López Teijeiro, nado en Ourense en 1910 e finado na mesma cidade o 27 de setembro de 1937, foi un escritor e político galego.

Modesto López Teijeiro
Nacemento1910
Lugar de nacementoOurense
Falecemento27 de setembro de 1937
Lugar de falecementoOurense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Empregado do Banco Hispano e membro do sindicato da Banca. Membro da Irmandade da Fala de Ourense. A revista Nós publicou en 1933 Investigacións etno-morfolóxicas antre a poboación do Ribeiro de Avia, o seu traballo de ingreso no Seminario de Estudos Galegos, e en 1935 o seu artigo "A raza eurafricana". Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, considerado o secretario de organización do PCE. Foi asasinado o 27 de setembro de 1937 con 27 anos. En 1965 a revista Vieiros publicou o seu artigo Ensaio de tipoloxía galega.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar