Mitoloxía das Illas Hébridas
As Illas Hébridas Interiores e Exteriores da costa oeste de Escocia están compostas por un gran número de grandes e pequenas illas. Estas illas son a orixe de varios mitos e lendas nativos. As Illas Hébridas son unha parte de Escocia que sempre contou co mar para soster as pequenas comunidades que as ocuparon ó longo dos séculos, por iso, é natural que estes mares sexan a fonte da que xurdiron moitas destas lendas.
Espíritos da auga
editarKelpies
editarDise que os kelpies viven nos lagos, como o de Leurbost.
Homes azuis
editarOs homes azuis das Minch (tamén coñecidos como kelpies tormenta), ocupan o estreito de auga entre a illa de Lewis e o resto de Escocia, e son os que fan afogar ós mariñeiros e afundir as embarcacións.
Seonaidh (Shonny)
editarSeonaidh - un espírito da auga ó que lle ten que ser ofrecida ale.
Sereas
editarHai unha lenda que fala da existencia dunha cova de sereas en Benbecula, pero o lugar exacto é descoñecido. A serea morreu a comezos do século XIX, logo de que fora vista durante un par de días, por un adolescente que lle lanzou un rocha que acabou con ela. Testemuñas afirmaron que a parte superior da criatura era do tamaño dun neno, mentres que a parte inferior era un salmón.
Monstros acuáticos
editarMonstros de lagos
editarSearrach Uisge - un monstro que ocupada o Lago Suainbhal. Parecido a un barco , tense noticias desta criatura dende hai século e medio. Os locais din que outrora ofrecíanlle cordeiros anualmente á criatura.[1] Tense constancia doutras criaturas semellantes en numerosos lagos, como o lago Urubhal.
No lago Duvat en Eriskay, mentres andaba na busca dun cabalo que lle escapara da granxa entre a néboa, un agricultor viu o que el pensaba que era un falso monstro do lago. Cando se achegou máis, decatouse que estaba a ver unha criatura moi estraña que deu un berro sobrenatural, facendo correr ó granxeiro de volta para casa.[1]
Monstros mariños
editarVarios monstros mariños teñen sido reportados nas costas da Illa de Lewis durante anos, como un avistamento de 1882 feito por un barco alemán en Butt of Lewis. O barco, a 15 quilómetros da costa, dixo ver unha serpe de mar de máis de 40 metros de lonxitude, con varias protuberancias que sobresaían da auga ó longo do lombo. As serpes mariñas teñen sido vistas na costa sur da illa.[1]
Lobishomes
editarDicíase que unha familia de lobishomes ocupaba unha illa en Loch Langavat. Aínda que levaban moito tempo mortos, prometeran regresar se as súas tumbas eran profanadas[1]
Lume fatuo
editarOs lumes fatuos teñen sido reportados en Sandwick. As luces que flotan arredor da zona anuncian normalmente a morte inminente dun local. Algúns din que a luz pertence a un comerciante irlandés que fora atracado e asasinado na illa.[1]
Fadas
editarEn Luskentyre, Harris, sabíase dun can que deixaba pegadas de gran tamaño na area da praia, e que estas desaparecían repentinamente a metade de camiño. Pénsase que se trataba dun cana fada.[1] En South Uist, unha muller que camiñaba con dous amigos en plena escuridade viu como un can do tamaño dun collie pero cunha cabeza máis pequena e sen ollos, corría cara a ela. A criatura esvaeuse porque pertencía ó pasado. Ó chegar a casa, ela describiu o que acontecera á súa tía, e a vella muller díxolle que se trataba dun Cu Sìth, un can fada. Un dos heirlooms dos xefes do Clan MacLeod é a Bandeira das Fadas. Numerosas tradicións afirman que a bandeira orixinouse como un agasallo das fadas.