Misterio (filme de 2021)

filme de 2021 dirixido por Denis Imbert

Misterio (en francés: Mystère) é un filme francés de 2021 dirixido e coescrito por Denis Imbert. Baséase nunha historia da vida real.[1][2] Está protagonizado por Vincent Elbaz, Marie Gillain, Éric Elmosnino, Tchéky Karyo e Shanna Keil, e foi engadida ao catálogo de Netflix a finais do mesmo ano.[3]

Misterio
Ficha técnica
Título orixinalMystère
DirectorDenis Imbert
ProdutorClément Miserez
Matthieu Warter
GuiónMathieu Oullion
Denis Imbert
IntérpretesVincent Elbaz
Marie Gillain
Éric Elmosnino
Tchéky Karyo
Shanna Keil
MúsicaArmand Amar
FotografíaFabrizio Fontemaggi
MontaxeValérie Deseine
EstudioRadar Films
DistribuidoraNetflix
EstreaFrancia 2021
Galicia 16 de maio de 2024 (TVG)
Duración83 minutos
Orixe Francia
XéneroAventuras
Na rede
IMDB: tt10945274 Filmaffinity: 154944 Allocine: 276714 Rottentomatoes: m/vicky_and_her_mystery Netlix: 81191433Editar o valor em Wikidata

Estreouse en galego o 16 de maio de 2024 a través da TVG.[4]

Sinopse

editar

Stéphane e a súa filla de oito anos, Victoria, que non dixo nin unha palabra dende a morte da súa nai, trasládanse a unha nova casa na serra do Cantal. A pequena camiña polo bosque e coñece un pastor local, quen lle confía un cadeliño chamado Misterio. Coa súa nova compañía, Victoria atopa de novo o seu sorriso, pero máis tarde o seu pai decátase de que Misterio é en realidade un lobo.

Personaxes

editar
  1. "Mystère, le film de Denis Imbert au cinéma avec Vincent Elbaz et Marie Gillain". France Bleu (en francés). 2021-12-15. Consultado o 2022-01-01. 
  2. "Marie Gillain (Mystère) : "C'était un voyage humain extraordinaire"". CinéSéries (en francés). 2021-12-17. Consultado o 2022-01-01. 
  3. "El éxito más inesperado de Netflix: “Misterio”". infobae (en castelán). Consultado o 2022-01-01. 
  4. @DobraxeGalega (ed.). "Misterio en galego na TVG". Consultado o 21 de maio de 2024.