Miss Vaca (certame)

concurso organizado anualmente polo programa Luar

Miss Vaca Galicia é un concurso organizado anualmente polo programa Luar da Televisión de Galicia que ten por obxecto decidir cal é a vaca máis fermosa de Galicia do ano en cuestión. A primeira edición do concurso tivo lugar en 2006.[1] Ademais, entréganse outros galardóns: «Miss Poderosa», «Miss Aloumiños», «Miss Donaire» e «Miss Ollos Bonitos».[2]

Xosé Ramón Gayoso no concurso Miss Vaca Galicia de 2019.
Cartel en Baralla.

Funcionamento do concurso

editar

O concurso ten dúas fases. Na primeira, ábrese un período para que os donos das vacas poidan postular a algunha das súas reses como "Miss Vaca" da provincia galega que representan. Posteriormente, o programa designa un xurado que selecciona a unha "Miss Vaca" por cada unha das catro provincias galegas (Provincia da Coruña, Provincia de Lugo, Provincia de Ourense, Provincia de Pontevedra), entre todas as candidaturas presentadas.[3] Na segunda fase, nunha sesión do Luar, as catro vacas finalistas son presentadas ao público e sométese a votación entre os telespectadores a decisión do título de "Miss Vaca Galicia"; isto é, a vaca máis fermosa de Galicia dese ano.

Resultados dos concursos

editar

Os resultados do concurso, ano a ano, foron os seguintes. As vacas gañadoras aparecen destacadas en grosa.[4]

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
2006[5] Rubia Luna Miranda Marela
2007 Bonita
2008 Preciosa
2009 Pantoja
2010 Cuca
2011 Linda
2012
non se celebrou
2013[6] Galleira Lucera Roxa Xata
2014
non se celebrou
2015
non se celebrou
2016 Turi Toura Nogueira Rubia
2017[7] Preciosa Linda Muñeca Corneta
2018[8] Gallarda Macarena Princesa Cuca
2019[9] Pancha Pastora Gallarda Clara
2020[10] Pastora Mariposa Bonita Cereixa
2021[11] Pucha Teixa[12] Nogueira Varela
2022[13] Linda Cachorra Lucera Rubia
2023[14] Blanca Duquesa Marela Rubia
2024[15] Cuca Navarra Gallarda Parrula

O palmarés por provincia quedaría de tal maneira:

Posto Provincia Títulos
1   Lugo 12
2   A Coruña 2
3   Ourense 1
3   Pontevedra 1

Outros premios

editar

Á vez do gran premio Miss Vaca, Luar dende 2013 tamén reparte unha serie de galardóns especiais a cada unha das catro vacas participantes, sendo estes galardóns o Miss Aloumiños, Miss Poderosa, Miss Donaire e Miss Lindos Ollos facendo referencia ao trazo máis significativo de cada vaca.[2] Os galardóns dos últimos anos repartíronse da seguinte maneira:

Miss Poderosa Miss Aloumiños Miss Donaire Miss Lindos Ollos
2013 Galleira (A Coruña) Roxa (Ourense) Lucera (Lugo) Xata (Pontevedra)
2016 Toura (Lugo) Turi (A Coruña) Nogueira (Ourense) Rubia (Pontevedra)
2017 Linda (Lugo) Corneta (Pontevedra) Preciosa (A Coruña) Muñeca (Ourense)
2018 Gallarda (A Coruña) Princesa (Ourense) Macarena(Lugo) Cuca (Pontevedra)
2019 Pancha (A Coruña) Clara (Pontevedra) Gallarda (Ourense) Pastora (Lugo)
2020 Pastora (A Coruña) Bonita (Ourense) Cereixa (Pontevedra) Mariposa (Lugo)
2021 Teixa (Lugo) Pucha (A Coruña) Nogueira (Ourense) Varela (Pontevedra)
2022 Rubia (Pontevedra) Cachorra (Lugo) Linda (A Coruña) Lucera (Ourense)
2023 Blanca (A Coruña) Marela (Ourense) Duquesa (Lugo) Rubia (Pontevedra)
2024 Cuca (A Coruña) Navarra (Lugo) Gallarda (Ourense) Parrula (Pontevedra)
Número de veces gañadas
Miss Poderosa Miss Aloumiños Miss Donaire Miss Lindos Ollos
A Coruña 6 2 2 0
Lugo 3 2 3 2
Ourense 0 4 4 2
Pontevedra 1 2 1 6

Cabe resaltar que ningunha Miss Donaire gañou o Miss Vaca, pola contra parece que as Miss Poderosa teñen máis posibilidades de gañar o concurso.

Miss Vaca
Miss Poderosa 6
Miss Aloumiños 2
Miss Donaire 0
Miss Lindos Ollos 2
  1. Lavozdegalicia (2023-07-08). "Rubia, una vaca de Dozón, la Miss con los ojos más bonitos de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-07-09. 
  2. 2,0 2,1 "Rubia, una vaca de Dozón, la Miss con los ojos más bonitos de Galicia". www.lavozdegalicia.es. Consultado o 2023-07-09. 
  3. "Bases do concurso 'Miss vaca Galicia 2023' | CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-07-09. 
  4. "LUAR (Páxina oficial) - Histórico de gañadoras de Miss Vaca 🐂👇 2006 - LUNA (LUGO) 2007 - BONITA (LUGO) 2008 - PRECIOSA (LUGO) 2009 - PANTOJA (LUGO) 2010 - CUCA (LUGO) 2011 - LINDA (LUGO) 2013 - ROXA (OURENSE) 2016 - TOURA (LUGO) 2017 - LINDA (LUGO) 2018 - GALLARDA (A CORUÑA) 2019 - PASTORA (LUGO) 2020 - MARIPOSA (LUGO) 2021 - TEIXA (LUGO) 2022 - RUBIA (PONTEVEDRA) #MissVaca2023 | Facebook". www.facebook.com (en castelán). Consultado o 2023-07-09. 
  5. "Miss Vaca Galicia 2006". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-06-29. Consultado o 2023-07-09. 
  6. "“Luar” elixe a Miss Vaca 2013 | CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-07-09. 
  7. https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2021-05-11). "Gutrei Galicia adquiere la vaca gallega más Linda". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-07-09. 
  8. Redacción (23 de xuño de 2018). "Gallarda, da Coruña, proclámase Miss Vaca 2018!". crtvg.es. Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  9. https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2019-06-28). "Pastora é a nova Miss Vaca 2019 do Luar". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-07-09. 
  10. Redacción (18 de xullo de 2020). "Mariposa, de Lugo, 'Miss vaca 2020". crtvg.es. Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  11. Lugo, El Progreso de (2021-07-10). "La corguesa Teixa se corona en Miss Vaca 2021". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2023-07-09. 
  12. Redacción (10 de xullo de 2021). "La corguesa Teixa se corona en Miss Vaca 2021". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2021. 
  13. "Miss Vaca 2022: Pontevedra gana por primera vez y el certamen vuelve a arrasar en redes". Quincemil (en castelán). 2022-07-02. Consultado o 2023-07-09. 
  14. Press, Europa (2023-07-08). "'Blanca', la vaca representante de A Coruña, coronada como Miss Vaca 2023". www.europapress.es. Consultado o 2023-07-09. 
  15. "Miss Vaca 2024: Parrula, representante de Pontevedra, termina en tercera posición". www.diariodepontevedra.es. 2024-06-29. Consultado o 2024-06-29.