Miro Pereira

personaxe da serie de televisión Pratos combinados

Ramiro "Miro" Pereira é un personaxe de ficción da serie de televisión Pratos combinados interpretado por Ernesto Chao. Apareceu como protagonista nos 261 episodios que conforman a serie. É o dono do bar Suízo.

Ernesto Chao en 2014.

Características editar

Miro Pereira é avaro e lacazán, ademais de torpe. É o dono do Bar Suízo, e adoita cobrar prezos excesivos e presentar un mal servizo, con ideas culinarias como o café feito con mondas de patacas e o bocadillo de xamón sen xamón. O personaxe é presentado como pouco intelixente, mais cando se trata de sacar beneficios mediante diferentes plans co seu cuñado Antón (interpretado por Antonio Durán "Morris"), ao cal chama de malas formas como "mona" ou "miñoca", é capaz de amosar astucia e sagacidade.

Personaxes relacionados editar

  • Balbina Santos (Mabel Rivera) é a súa muller. Non ten moita confianza nel, e sempre desconfía cando Miro argalla algo con Antón. Posteriormente abandona o bar Suízo para marchar a Baiona para montar un restaurante coa súa filla Rosalía.
  • Antón Santos é o irmán de Balbina e, por tanto, o cuñado de Miro. A diferenza de Miro, é moito máis sagaz, sobre todo á hora de argallar plans para sacar cartos. Ao igual que Miro o insulta cos nomes anteriormente mencionados, Antón tamén o insulta con nomes como "pailán". Ao final dos episodios, acostuma acabar perseguido por Miro, con intención de golpealo por fracasar nos seus plans.
  • Carmen Ríos (Fely Manzano) é a nai de Miro Pereira, á cal ten en alta estima. Miro adora as súas empanadas, recoñecidas por todos. Aínda que ao principio vivía con Miro, posteriormente foi vivir a unha casa na aldea ela soa.