Mira Murati

enxeñeira de software

Mira Murati nada en Albania ou en San Francisco en 1985[1] ou, segundo outras fontes en 1988,[2] é unha desenvolvedora de software albanesa radicada nos Estados Unidos. Como CTO (Chief Technology Officer) de OpenAI, está implicada no desenvolvemento de DALL-E. [3] The Times cítaa como "a creadora de ChatGPT".[4][5] Murati uniuse a OpenAI en 2018, exercendo como CTO da compañía e, desde novembro de 2023, asumiu como a CEO interina de OpenAI, substituíndo a Sam Altman que foi despedido por non ter o consello confianza na súa capacidade de comunicarse co mesmo.[6] Foi substituída aos dous días por Emmett Shear.

Modelo:BiografíaMira Murati
Biografía
Nacemento16 de decembro de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Vlorë, Albania Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo albanés Editar o valor en Wikidata
EducaciónThayer School of Engineering (en) Traducir - Bachelor of Engineering (pt) Traducir (–2012)
Colby College
Dartmouth College
Lester B. Pearson College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoIntelixencia artificial Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirectora executiva (2025–), investigadora, enxeñeira mecánica, director de tecnoloxía, Programador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorThinking Machines Lab (en) Traducir, fundadora, directora executiva (2025–)
OpenAI, director de tecnoloxía (2022–2024)
OpenAI (2018–)
Leap Motion (en) Traducir (2016–)
Tesla, Inc. (2013–)
Zodiac Aerospace (United States) (en) Traducir
Goldman Sachs Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Twitter: miramurati LinkedIn: mira-murati-4b39a066 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Mira Murati licenciouse en Enxeñaría Mecánica polo Dartmouth College, tras o cal realizou unhas prácticas de verán como analista en Goldman Sachs.[7] Despois, en 2012, traballou como enxeñeira na empresa aeroespacial francesa Zodiac Aerospace.[8] Máis tarde foi nomeada xefa de produto en Tesla para o seu vehículo Model X. Despois traballou como vicepresidenta de Produto e Enxeñaría en Leap Motion, unha empresa de software e hardware que fabrica controladores que permiten aos usuarios manipular obxectos dixitais cos movementos das súas mans cando están conectados a un ordenador. En Leap Motion tamén lanzou un novo software deseñado para o seguimento manual en realidade virtual.[9]

En 2023 como CTO de OpenAI foi a creadora de ChatGPT [10] e dunha Intelixencia Artificial (IA) que xera obras de arte a partir de pautas dadas.[4] En 2022 lanzouse previamente ChatGPT, un robot adestrado para manter conversas e escribir textos.[10] Mira Murati considera que ChatGPT é unha oportunidade para a educación, aínda que hai que establecer normas e límites no seu uso diario.[11][12] Considera que deben ser os gobernos os que regulen o uso da Intelixencia Artificial e non as empresas e que os filósofos, humanistas, artistas e científicos sociais teñen que participar na reflexión colectiva sobre este tema.[13]

De feito, afirma que as implicacións éticas desta tecnoloxía están tan presentes no seu equipo, que parte dos seus colaboradores son filósofos e sociólogos que non deixan de cuestionar as consecuencias sociais para adiantarse e axudar aos usuarios a evitar resultados indesexados.[14]

  1. "6 things to know about OpenAI’s Mira Murati, the most interesting person in tech right now". Fast Company. Consultado o 12/03/2023. 
  2. Sharma, Heena (11 de febreiro de 2023). "What is the Indian connection of Mira Murati, the CTO of ChatGPT company OpenAI?". wionews.com (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2023. 
  3. Olès, Morgane (2022-04-07). "DALL·E 2 : l'IA qui génère des images (et pas seulement des paysages) à partir de texte" (en francés). Consultado o 2023-03-06. 
  4. 4,0 4,1 "The Creator of ChatGPT Thinks AI Should Be Regulated" (en inglés). 2023-02-05. Consultado o 2023-03-06. 
  5. "ChatGPT: Who is Mira Murati and why she believes AI should be regulated". The Economic Times. 2023-02-10. ISSN 0013-0389. Consultado o 2023-03-06. 
  6. "OpenAI announces leadership transition". openai.com (en inglés). Consultado o 2023-11-17. 
  7. "L'histoire de Mira Murati, l'ingénieure derrière ChatGPT : "Il faut donner des règles aux intelligences artificielles"" (en francés). 2023-02-07. Consultado o 2023-03-06. 
  8. "Mira Murati, la mujer que creó ChatGPT" (en castelán). 2023-02-17. Consultado o 2023-03-06. 
  9. Chatterjee, Poulomi (2023-03-01). "Meet Mira Murati, the 35-year old CTO of OpenAI" (en inglés). Consultado o 2023-03-06. 
  10. 10,0 10,1 News+Media, Redacción. "La mujer que creó ChatGPT: ¿Quién es Mira Murati? | News+Media". Consultado o 2023-03-06. 
  11. PERÚ, NOTICIAS EL COMERCIO (2023-02-21). "ChatGPT: creadora afirma que la inteligencia artificial debe ser regulada | IA | Mira Murati | OpenAI | España | México | Colombia | TECNOLOGIA" (en castelán). Consultado o 2023-03-06. 
  12. Jackson, Sarah. "OpenAI executives say releasing ChatGPT for public use was a last resort after running into multiple hurdles — and they're shocked by its popularity" (en inglés). Consultado o 2023-03-06. 
  13. "Mira Murati, la mujer más poderosa de Silicon Valley: quién es la ingeniera detrás de ChatGPT, la app de la que todo el mundo habla" (en castelán). 2023-03-03. Consultado o 2023-03-07. 
  14. The Daily Show (26 de outubro de 2022). Mira Murati - DALL·E 2 and the Power of AI.