Caramuxo

especie de molusco
(Redirección desde «Mincha»)
Caramuxo

Caramuxos en Suecia

L. littorea on the edge of a small sandy beach in Woods Hole, Massachusetts
L. littorea on the edge of a small sandy beach in Woods Hole, Massachusetts

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Gastropoda
Superfamilia: Littorinoidea
Familia: Littorinidae
Xénero: Littorina
Especie: L. littorea
Nome binomial
Littorina littorea
(Linnaeus, 1758)[1]
Sinonimia[2]

O caramuxo, caramuxa, caramecha, mincha ou bígaro (Littorina littorea, Linnaeus 1767) é un molusco gasterópodo mariño, de pequeno tamaño, que vive nas zonas rochosas da costa. Pertence á familia dos litorínidos (Littorinidae), da orde dos Sorbeoconcha.

Morfoloxía

editar

Presenta a cuncha cónica, en espiral e ápice en punta, alcanzando tamaños máximos de 2,5 cm de altura. A cor é habitualmente escura (parda a negra), mostrando bandas concéntricas claras e escuras. Na superficie vense numerosas estrías espirais.

A abertura da cuncha é ovoide e o opérculo, de natureza córnea, pecha esa abertura durante a baixamar.

O caramuxo ten dous tentáculos longos e os ollos na base deles. O pé é forte.

Hábitat e bioloxía

editar

Vive sobre as pedras e algas da franxa intermareal, distribuíndose no Atlántico e Mediterráneo.

Aliméntase, como as lapas, das algas que colonizan as pedras.

Aproveitamento pesqueiro e comercial

editar

É un molusco comestible e bastante apreciado.

Existen outras especies semellantes, algunhas comestibles e outras non.

O caramuxo en Galicia

editar

Outros nomes populares deste molusco son os de cornecho (común a outros gasterópodos de cuncha en espiral), cuco, meiga; en Malpica chámano mexacán [3].

Segundo Eladio Rodríguez dunha muller pequena de corpo dise que é unha mincha.

Sarmiento contaba o seguinte:

Los mariscos caramujos se venden en Pontevedra muy baratos, y los chicos los compran a trueque de zoquetes de pan. Véndense cocidos y para comerlos se saca con un alfiler la poca comida que tienen pues no es la décima parte de la que tiene un caracol de tierra.

Galería de imaxes

editar
  1. Linnaeus C. (1758). Systema naturae per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio decima, reformata. pp. [1-4], 1-824. Holmiae. (Salvius).
  2. Reid, David G.; Gofas, S (2011). "Littorina littorea (Linnaeus, 1758)". World Register of Marine Species. Consultado o 16 de maio de 2011. 
  3. Ríos Panisse non se define sobre a orixe deste nome se poida deber á planta do mesmo nome (Taraxacum officinale), a que produza algún tipo de irritación na pel (mexacán ou coxo) ou á síncopa dun posible ameixa de can.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.
  • RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.
  • SANTAMARINA, Antón (ed. e dir.): Diccionario de diccionarios. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Instituto da Lingua Galega, 3ª ed. 2003.

Ligazóns externas

editar