Minari. Historia da miña familia

filme de 2020 dirixido por Lee Isaac Chung

Minari. Historia da miña familia (en inglés: Minari; en coreano: 미나리) é un filme estadounidense de 2020 escrito e dirixido por Lee Isaac Chung. Está protagonizado por Steven Yeun, Han Ye-ri, Alan Kim, Noel Kate Cho, Youn Yuh-jung e Will Patton. É unha historia semiautobiográfica de Chung e o argumento conta a historia dunha familia surcoreana que tenta refacer a súa vida nunha área rural estadounidense durante a década de 1980.[6]

Minari. Historia da miña familia
Ficha técnica
Título orixinalMinari
DirectorLee Isaac Chung
Produtor
GuiónLee Isaac Chung
Intérpretes
MúsicaEmile Mosseri
FotografíaLachlan Milne
MontaxeHarry Yoon
EstudioPlan B
DistribuidoraA24
EstreaFestival de Cinema de Sundance: 26 de xaneiro de 2020
Duración115 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento2 millóns de dólares[2][3]
Recadación11,6 millóns de dólares[4][5]
Na rede
IMDB: tt10633456 Filmaffinity: 756534 Allocine: 275596 Rottentomatoes: m/minari Allmovie: v725701 Metacritic: movie/minari
Facebook: MinariMovie Twitter: MinariMovie Instagram: minarimovie Netlix: 81239501Editar o valor em Wikidata

Minari estreouse internacionalmente no Festival de Cinema de Sundance o 26 de xaneiro de 2020, gañando o Gran Premio do Xurado e o Premio do Público.[7] Estreouse durante unha semana de maneira virtual o 11 de decembro de 2020, e posteriormente estreouse nos cinemas e en cinema virtual o 12 de febreiro de 2021 a través de A24. O filme recibiu a aclamación da crítica, sendo considerado como un dos mellores filmes de 2020. Conseguiu seis nomeamentos na 93ª edición dos Óscar. Gañou o Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa, foi nomeado ó premio Screen Actors Guild ó mellor elenco, e conseguiu seis nomeamentos ós BAFTA.

Estreouse subtitulado en galego o 12 de marzo de 2021 a través da Duplex Cinema (Ferrol) e NUMAX (Santiago de Compostela).[8] A tradución ao galego do filme fíxoa Samuel Solleiro e contou co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e A Contracorriente.[9]

Personaxes editar

Notas editar

  1. "Minari". Festival de Cinema de Sundance. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2019. Consultado o 11 de decembro de 2019. 
  2. Jung, E. Alex (1 de marzo de 2021). "Youn Yuh-jung Comes to America". Vulture.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2021. Consultado o 1 de marzo de 2021. 
  3. Phillips, David (14 de febreiro de 2021). "Cinematographer Lachlan Milne on Balancing Beauty and Authenticity in 'Minari'". Awards Daily. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2021. Consultado o 14 de febreiro de 2021. 
  4. "Minari - Financial Information". The Numbers. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2021. Consultado o 18 de abril de 2021. 
  5. "Minari (2021)". Box Office Mojo. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  6. "'Minari' Summary & Analysis - Embraces Acceptance And Change | DMT". Digital Mafia Talkies (en inglés). 2021-01-02. Consultado o 2021-04-05. 
  7. Sharf, Zack (30 de setembro de 2020). "'Minari' Trailer: Lee Isaac Chung's Sundance Winner Is A24's Big Oscar Hopeful". IndieWire. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2020. 
  8. numax.org/cinema (ed.). "Minari. Historia da miña familia en galego". Consultado o 25 de abril de 2021. 
  9. duplexcinema.com (ed.). "Minari. Historia da miña familia en Duplex Cinema". Consultado o 25 de abril de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar