Millon Wolde
Millon Wolde, nado en Adís Abeba o 17 de marzo de 1979, é un atleta etíope, campión olímpico dos 5.000 metros nos Xogos Olímpicos de Sidney.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de marzo de 1979 (45 anos) Adís Abeba, Etiopía |
Altura | 178 cm |
Peso | 59 kg |
Actividade | |
Ocupación | fondista, atleta |
Deporte | atletismo |
Participou en | |
2000 | Xogos Olímpicos de 2000 |
Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Atletismo masculino | |||
Xogos Olímpicos | |||
Sidney 2000 | 5.000 m | ||
Campionato do Mundo de Atletismo | |||
Edmonton 2002 | 5.000 m |
Traxectoria
editarCon tan só 17 anos participou en 1996 nos Mundiais Júnior de Sidney, onde acabou 6º na proba de 3.000 m valados. Ese ano tamén foi 8º no Campionato do Mundo Júnior de cross-country disputado en Cape Town, Suráfrica.
Nos seguintes Mundiais Júnior, celebrados en 1998 en Annecy, Francia, gañou o ouro nos 5.000 metros. Tamén ese ano se proclamou campión do mundo júnior de cross-country en Marrakech, sobre unha distancia de 8 km.
O seu primeiro grande éxito na categoría sénior foi a medalla de bronce dos 3.000 metros nos Mundiais en pista cuberta de Maebashi 1999. Nos mundiais ao aire libre de Sevilla dese mesmo ano, acabou 8º nos 5.000 m.
O maior éxito da súa carreira deportiva foi a medalla de ouro dos 5.000 metros nos Xogos Olímpicos de Sidney, con só 22 anos. A priori non estaba entre os grandes favoritos, pero beneficiouse dun ritmo de carreira infrecuentemente lento, que lle permitiu chegar cos líderes á derradeira volta. 200 metros antes da meta lanzou o seu ataque definitivo e gañou con 13:35,49, no que sería a final máis lenta dende os Xogos Olímpicos de México. A medalla de prata foi para o alxeriano Ali Saidi-Sief e o bronce para o marroquí Brahim Lahlafi.
Nos Mundiais de Edmonton 2001, gañou a medalla de bronce tralo queniano Richard Limo e o alxerino Ali Saidi-Sief.
Despois non volveu participar en grandes competicións nin a conseguir resultados destacábeis.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil IAAF Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine.