Militarismo muisca
Este artigo describe o militarismo dos muiscas, un pobo indíxena que habitou o Altiplano Cundiboyacense, nas terras altas dos Andes de Colombia, antes da chegada dos conquistadores españois.
Descrición
editarMalia que as descricións máis antigas dos cronistas españois narran sobre o seu militarismo, revisións posteriores revelaron que os muiscas eran un pobo máis comerciante que guerreiro.[1] Aínda así, tódalas investigacións concordan que os muiscas tiñan clases especiais dentro da súa sociedade reservadas para os guerreiros. As batallas que loitaban eran principalmente para a defensa do seu territorio perante os panches do oeste e do suroeste, e as batallas entre o zipa e o zaque.[2] A verba muisca para "guerra" ou "inimigo" é saba.[3]
Guerreiros güecha
editar- Artigo principal: Güecha.
Para a etimoloxía da verba güecha propuxéronse varias hipóteses. Segundo Pedro Simón, güecha quere dicir "valente",[4] mentres que Ezequiel Uricoechea sinala a súa derivación de zuecha, que quere dicir "tío"; "irmán da nai".[4] A liñaxe de herdanza na sociedade muisca era materna. Uricoechea describiu o termo como unha combinación de gue- ("vila") e cha, que quere dicir "home"; "home da vila".[4] O nome güecha tranformouse en castelán colombiano como guache, que quere dicir "non civilizado", "bruto".[5]
Os guerreiros güecha desfrutaban de privilexios especiais e eran considerados a clase máis alta da sociedade.[2] Só estaban por debaixo dos sacerdotes, pero por riba da xente do común.[6] Tanto Pedro Simón como Lucas Fernández de Piedrahita describen os guerreiros güecha como fortes e valentes, recrutados entre as diversas vilas da Confederación muisca.[7][8]
Notas
editar- ↑ Francis, 1993, p.48
- ↑ 2,0 2,1 Rodríguez de Montes, 2002, p.1633
- ↑ Muysccubun: saba (en castelán)
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Rodríguez de Montes, 2002, p.1634
- ↑ Palabras muiscas que usamos los bogotanos sin saberlo Arquivado 22 de decembro de 2017 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Muisca - Pueblos Originarios (en castelán)
- ↑ Rodríguez de Montes, 2002, p.1635
- ↑ Henderson & Ostler, 2005, p.154
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Correa, François (2005). El imperio muisca: invención de la historia y colonialidad del poder - The Muisca empire: invention of history and power colonialisation. Muiscas: representaciones, cartografías y etnopolíticas de la memoria (en castelán) (Universidad La Javeriana). pp. 201–226. ISBN 958-683-643-6.
- Fernández de Piedrahita, Lucas (1688). Historia general de las conquistas del Nuevo Reino de Granada (en castelán). Consultado o 2016-07-08.
- Francis, John Michael (1993). "Muchas hipas, no minas" The Muiscas, a merchant society: Spanish misconceptions and demographic change (M.A.) (M.A.). University of Alberta. pp. 1–118.
- Henderson, Hope; Ostler, Nicholas (2005). Muisca settlement organization and chiefly authority at Suta, Valle de Leyva, Colombia: A critical appraisal of native concepts of house for studies of complex societies. Journal of Anthropological Archaeology 24 (Elsevier). pp. 148–178. ISSN 0278-4165.
- Rodríguez de Montes, María Luisa (2002). Los güechas o guechas en Cundinamarca - The guecha warriors in Cundinamarca (en castelán). pp. 1633–1646.
- Román, Ángel Luís (2008). Necesidades fundacionales e historia indígena imaginada de Cajicá: una revisión de esta mirada a través de fuentes primarias (1593-1638) - Foundational needs and imagined indigenous history of Cajicá: a review of this look using primary sources (1593-1638) (PDF) (en castelán). Bogotá, Colombia: Universidade dos Andes. pp. 276–313. Consultado o 2016-07-08.