Milicianos
Milicianos é o título do terceiro dos tres álbums da guerra que publicou Castelao, en 1938, no seu labor na defensa da República e como homenaxe ó valor e xenerosidade dos soldados.
O álbum foi editado en Nova York, en agosto de 1938 pola Fronte Popular Antifascista Galego, e está formado por once estampas debuxadas a tinta chinesa. En cada unha delas hai un breve título en galego, manuscrito polo autor, ampliado polo editor co mesmo texto en castelán e en inglés. Foi reeditado por Akal en 1976, nun facsímile que popularizou o álbum en España.
O propio Castelao explica así a razón de ser do álbum nun texto manuscrito a modo de introdución (asinado en New York, agosto 1938):
Estas estampas relembran os primeiros meses da guerra cando a heroica tolería do pobo coutou a marcha dos militares e dounos tempo para crear o Exército da República.
O primeiro debuxo do álbum sería reinterpretado por Castelao como un Fauno, nunha pequena acuarela pintada en 1941.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Carballo-Calero, M. V.; Bozal; Vilas (2017). Monografía sobre Castelao artista (PDF). Anexo Abrente (en galego e castelán) (Deputación da Coruña e RAGBA). ISBN 978-84-9812-304-3.
- Castelao: Milicianos por Castelao, Akal Editor, Madrid 1976.
- Monteagudo, Henrique (2000): "Castelao: a fábula da súa vida", en Obras [Castelao] (Henrique Monteagudo, coord.), Galaxia, Vigo 2000.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Milicianos por Castelao Arquivado 28 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.