Miliario de Santiaguiño de Antas

miliario en Santiaguiño (Guizán, Mos)

Coordenadas: 42°13′47″N 8°36′39″O / 42.2295955984, -8.61096248031

O miliario de Santiaguiño de Antas[1][2] é un indicador de distancias romano situado na antiga Vía XIX do Itinerario de Antonino, xunto ao lugar de Santiaguiño[3], do concello de Mos. O miliario é unha columna de granito cilíndrico localizado no lugar onde o Itinerario de Antonino sitúa a mansión "Búrbida". A inscrición en referencia ó emperador da época é ilexibles. En épocas posteriores á romanización, coa intención de cristianizalo por ser considerado un elemento pagá, foi “crucificado”, é dicir, cuberto de cruces ó longo do fuste [4].

Miliario de Santiaguiño de Antas.

Segundo fontes orais, este miliario foi obxecto de prácticas relacionadas co culto á fertilidade, mediante fregas do ventre contra este[4].

A cronoloxía que se lle atribúe a este miliario coincidiría coa época do emperador Traxano, no s. II d.C[4]. Tamén é coñecido cos nomes de O Marco ou Anta da Maniola por servir de deslinde entre as parroquias de Louredo e Guizán, do concello de Mos, e de Vilar de Infesta, do concello de Redondela[4].

Antes da sondaxe arqueolóxica dirixida por Rafael Rodríguez en 2007, sobresaían do chan 1,70 m de altura. Descubriuse que ten unha altura de 3 m. Os traballos de iluminación nocturna posibilitaron detectar varios elementos epigráficos orixinais: letras soltas “D”, “O”, “V”, “X” e “SS”, e unha palabra “FILI?”. Tamén aparecen mútiples cruciformes de épocas posteriores a romana.

Este miliario é un dos elementos arqueolóxicos do Camiño Portugués.

Notas editar

  1. Miliario de Santiaguiño de Antas na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  2. Miliario de Santiaguiño de Antas na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  3. VAN, p. 25
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 VAN, p. 26

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Rodríguez Martínez, R. M. (2007). "O miliario de Santiaguiño de Antas, unha nova ollada a unha pedra antiga". Seminario de Estudos Redondeláns (SEREN) (4): 11–25. 
  • Orge Quinteiro, J. A. (2008). "Os miliarios romanos de Redondela. Apuntamentos para unha Historia de Redondela". Seminario de Estudos Redondeláns (SEREN) (5): 11–24. 
  • Arias Vilas, F. (1992). A romanización de Galicia. A Nosa Terra. 
  • VAN Divulgación Cultural S.L. CamiñaMos, Camiño de Santiago.  [cando?]