Mikra Anglia

filme de 2013 dirixido por Pantelis Voulgaris

Mikra Anglia (en grego: Μικρά Αγγλία) é un filme grego de 2013 dirixido por Pantelis Voulgaris. O filme baséase na novela homónima de Ioanna Karystiani, a muller de Voulgaris, e está protagonizado por Pinelopi Tsilika, Sofia Kokkali, Aneza Papadopoulou e Andreas Konstantinou. A trama xira arredor de dúas irmás, Orsa e Moscha da illa de Andros, chamada Little England pola súa riqueza, que están ambas namoradas de Spyros; comeza no período de entreguerras e remata na década dos 50.

Mikra Anglia
Ficha técnica
Título orixinalΜικρά Αγγλία
DirectorPantelis Voulgaris
ProdutorGiannis Iakovidis
GuiónIoanna Karystiani
Baseado enMikra Anglia de Ioanna Karystiani
IntérpretesPinelopi Tsilika
Sofia Kokkali
Aneza Papadopoulou
Andreas Konstantinou
Maximos Moumouris
Vasilis Vasilakis
Christos Kalavrouzos
MúsicaKaterina Polemi
FotografíaSimos Sarketzis
MontaxeTakis Giannopoulos
EstudioMikra Anglia
Black Orange
OTE TV
DistribuidoraFeelgood Entertainment
EstreaGrecia 5 de decembro de 2013
Duración160 minutos
OrixeGrecia Grecia
XéneroDrama
Recadación3 078 029 dólares
Na rede
https://www.mikraaggliafilm.gr/
IMDB: tt3253650 Filmaffinity: 649185 Rottentomatoes: m/little_england Allmovie: v592315 TCM: 2107359 Editar o valor em Wikidata

O filme tivo éxito comercial en Grecia, xa que foi o segundo filme máis exitoso de 2013 e o primeiro entre os filmes gregos. Mikra Anglia tamén tivo éxitos na crítica do país e no estranxeiro. Foi nomeado a trece premios da Academia de Cinema Helénico e gañou seis, incluído o premio ao mellor filme. A nivel internacional, dominou no Festival Internacional de Cine de Xangai de 2014, gañando tres premios Golden Goblet á mellor longametraxe, mellor director e mellor actriz, e tamén estivo nomeado a un Premio Satellite ao mellor filme en lingua non inglesa. Mikra Anglia foi escollido como candidato de Grecia para o Óscar ó mellor filme internacional na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1]

Personaxes

editar
  • Pinelopi Tsilika como Orsa Saltaferou
  • Sofia Kokkali como Moscha Saltaferou
  • Aneza Papadopoulou como Mina Saltaferou
  • Andreas Konstantinou como Spyros Maltabes
  • Maximos Moumouris como Nikos Vatokouzis
  • Vasilis Vasilakis como Savvas Saltaferos
  • Christos Kalavrouzos como tío Aimilios
  1. Grivas, Alexis (9 de setembro de 2014). "Greece enters Oscar race with Little England". Screendaily. Emap International Limited. Consultado o 25 de novembro de 2014. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar