Mijaín López

loitador cubano

Mijaín López Núñez, nado en Consolación del Sur, provincia de Pinar del Río, o 20 de agosto de 1982, é un loitador cubano especialista en loita grecorromana.[1] Considerado un dos mellores loitadores grecorromanos de todos os tempos, é un dos únicos seis deportistas na historia dos Xogos Olímpicos en lograr catro medallas de ouro na mesma proba (obtívoas en Pequín 2008, Londres 2012, Río 2016 e Toquio 2020). Foi ademais cinco veces campión do mundo e cinco veces campión dos Xogos Panamericanos. É o irmán máis novo de Michel López Núñez, boxeador e tamén medallista olímpico.

Infotaula de personaMijaín López

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalMijaín López Núñez
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1982 (41 anos)
Consolación del Sur, Pinar del Río
Datos persoais
Outros nomesEl Terrible
País de nacionalidade Cuba
Altura1,98 m
Peso130 kg
Actividade
Ocupaciónloitador afeccionado Editar o valor em Wikidata
DeporteLoita grecorromana
Participou en
2016Lutas nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 - Greco-romana até 130 kg masculino (pt) Traducir (1º)
2012Lutas nos Jogos Olímpicos de Verão de 2012 - Greco-romana até 120 kg masculino (pt) Traducir (1º) (medalla de ouro olímpica)
2008Lutas nos Jogos Olímpicos de Verão de 2008 - Greco-romana até 120 kg masculino (pt) Traducir (1º) (medalla de ouro olímpica)
2004wrestling at the 2004 Summer Olympics – men's Greco-Roman 120 kg (en) Traducir (5º)
Lutas nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Greco-romana até 130 kg masculino (pt) Traducir (1º) Editar o valor em Wikidata

Instagram: mijainlope Olympic.org: mijain-lopez-nunez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Herradura, no municipio de Consolación del Sur, da provincia cubana de Pinar del Río. Comezou a desenvolver unha gran forza sendo neno, cando cargaba caixas de froitas e tubérculos.[2] Empezou a practicar deporte por influencia dos seus irmáns máis vellos Misael e Michel, que facían remo e boxeo, decantándose Mijaín pola loita grecorromana. Superou unha dobre fractura de tibia e peroné aos 13 anos e aos 17 xa formaba parte da selección cubana.[2][1] En 2003 gañou o seu primeiro ouro nos Xogos Panamericanos, en Santo Domingo, onde derrotou na final de 120 kg ao estadounidense Rulon Gardner.[3]

En 2004 en Atenas representou a Cuba nos seus primeiros Xogos Olímpicos, rematando na quinta posición e volvendo cun diploma olímpico. Ao ano seguinte gañou en Budapest o primeiro dos seus cinco Campionatos do Mundo, despois de derrotar na final ao húngaro Mihály Deák-Bárdos.[4] Logo de conquistar en 2007 contra o ruso Khasan Baroev en Bakú o seu segundo título mundial, gañou en Pequín o seu primeiro ouro olímpico, batendo na final de novo ao ruso.

Disputou os tres seguintes Xogos Olímpicos (Londres 2012, Río 2016 e Toquio 2020), e logrou en todos a medalla de ouro, destacando os seus combates co turco Rıza Kayaalp, ao que derrotou nas tres citas olímpicas. Coa súa cuarta medalla de ouro olímpico, en Toquio, entrou na historia dos Xogos Olímpicos como un dos únicos seis deportistas con catro ouros na mesma proba, xunto a Paul Elvstrøm, Al Oerter, Carl Lewis, Michael Phelps e Kaori Icho,[5] ademais de igualar os catro ouros do esgrimista cubano Ramón Fonst.[2] Foi ademais o abandeirado de Cuba durante as cerimonias de apertura de 2008, 2014, 2016 e 2020.

No Campionato do Mundo ampliou a súa conta ata os cinco títulos e tres subcampionatos, sendo só superado en número de títulos polo ruso Aleksandr Karelin e o iraniano Hamid Sourian. Nos Xogos Panamericanos acadou os cinco ouros entre 2003 e 2019, e gañou outros tres nos Xogos Centroamericanos e do Caribe, mentres que nos Campionatos Panamericanos de Loita sumou nove medallas de ouro e unha de prata entre os anos 2002 e 2014.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "La leyenda de Mijaín López, el más fuerte". ABC (en castelán). 3 de agosto de 2021. Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Mijaín López, el gigante de la lucha cubana" (en castelán). 2 de agosto de 2021. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2021. Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  3. "Llega la lucha, llega el mejor, llega Mijaín López". Mundo Deportivo (en castelán). 6 de agosto de 2019. Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  4. Pérez Valdés, Rafael. "Mijaín, el abanderado". Granma (en castelán). Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  5. "Mijaín López, histórico de Cuba y del olimpismo" (en castelán). 2 de agosto de 2021. Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  6. "Datos do loitador". www.iat.uni-leipzig.de (en inglés). Consultado o 3 de agosto de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar