Miguel Román
Miguel Román González, nado en Gondomar o 26 de decembro de 2002, é un futbolista galego, que xoga como centrocampista no Celta Fortuna, da Primeira División RFEF.
Nome orixinal | Miguel Román González |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de decembro de 2002 ![]() Gondomar, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | futbolista ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Posición de xogo | Centrocampista |
Traxectoria
editarComezou a xogar ao fútbol aos 5 anos nas categorías inferiores do Gondomar da súa vila natal, pasando logo pola canteira do Rápido de Bouzas.[1] No seu último ano de xuvenil fichou polo Choco, co que xogou na División de Honra.[1]
En 2021 fichou polo Pontevedra, co que logrou o ascenso á Primeira División RFEF na súa primeira tempada tras proclamarse campión do Grupo I.[1] Contribuíu con 28 partidos, 25 deles como titular, e un gol fronte ao Langreo en Pasarón. Continuou como titular indiscutible na seguinte campaña, na que sumou un total de 41 encontros, saíndo dende o once inicial en todos agás un, pero o equipo acabou descendendo. No verán de 2023, tras rematar o seu contrato co club granate, fichou polo Celta Fortuna.[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Domínguez Amil, Nieves (21 de setembro de 2022). "Miguel Román, el diamente que pule el Pontevedra CF: «Pasé de jugar en el Choco juvenil a visitar campos como el de Riazor»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de xaneiro de 2024.
- ↑ "El Celta ficha a Miguel Román para su filial". Mundo Deportivo (en castelán). 24 de xullo de 2023. Consultado o 29 de xaneiro de 2024.