Abrir o menú principal

Miguel Martínez-Lage, nado en Pamplona en 1961 e finado en Garrucha o 14 de abril de 2011, foi un profesor e tradutor español[1].

Miguel Martínez-Lage
Nacemento1961
 Pamplona
Falecemento14 de abril de 2011
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Autónoma de Madrid e Universidade de Navarra
Ocupacióntradutor
PremiosPremio Nacional de Tradución de España
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Cursou estudos de Filoloxía Hispánica na Universidade de Navarra e na Universidade Autónoma de Madrid. Exerceu como profesor e como crítico literario. Traduciu máis de 200 obras ó español de autores coma Martin Amis, Ernest Hemingway, Henry James, George Orwell, Eudora Welty, Virginia Woolf, Joseph Conrad, Edgar Allan Poe, John Maxwell Coetzee, William Faulkner, Joe Dever o Steve Jackson.

En 2008 recibiu o Premio Nacional de Tradución de España pola versión ó castelán de Vida de Samuel Johnson (Life of Samuel Johnson), de James Boswell[1].

NotasEditar