Miguel Cuellas Gómez
Miguel Cuellas Gómez, coñecido como Artillero, nado en Columbrianos (Ponferrada) en 1912 e finado no mesmo lugar o 5 de xuño de 1945, foi un guerrilleiro antifranquista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1912 Columbrianos, España |
Morte | 5 de xuño de 1945 (32/33 anos) Columbrianos, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Artillero |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Traxectoria editar
Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 conseguiu fuxir e participou na defensa de Asturias na II Batería de Obuses.[1] No congreso de Ferradillo no que se fundou a Federación de Guerrillas de León-Galicia en abril de 1942, foi designado responsable da I Agrupación con Hilario Álvarez Méndez. Operaban na área delimitada ao leste polo río Sil e ao norte con Ponferrada, Astorga e Bembibre. Integrouse no grupo de Marcelino de la Parra. Traizoado por un oficial de enlace, foi asasinado o 5 de xuño de 1945 xunto cos seus compañeiros Robustiano Arias Carujo e Manuel Moreno Casado e os enlaces Catalina Martínez Núñez e Pedro García Tirado, cando foron localizados pola Garda Civil en Columbrianos.
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.