Manuel Moreno Casado

guerrilleiro antifranquista

Manuel Moreno Casado, coñecido como Pucherillo e Andaluz, nado en Porcuna (Xaén) en 1913 e finado en Columbrianos o 5 de xuño de 1945, foi un guerrilleiro antifranquista.

Manuel Moreno Casado
Nacemento1913
 Porcuna
Falecemento5 de xuño de 1945
 Columbrianos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Zapateiro. Membro da UGT e afiliado a la Juventud Socialista de Porcuna. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ás milicias, pasando posteriormente ao exército republicano, onde foi comisario político. Ao rematar a guerra estaba en Valencia e decidiu regresar a Porcuna. Foi detido, e xulgado en consello de guerra en Xaén o 8 de xuño de 1940 foi condenado a 30 anos de reclusión. Cumpriu a pena nas prisións de Xaén, Celanova (do 4 de outubro de 1940 a maio de 1943) e no campo de concentración das minas de Casaio dende o 18 de maio de 1943. O 30 de xuño de 1944 fuxiu con Florentino Pérez Rivas, incorporándose á guerrilla que operaba na zona de León-Galicia. En novembro de 1944 incoáronlle expediente de responsabilidades políticas.[1] Integrouse no grupo de Marcelino de la Parra. Morreu o 5 de xuño de 1945 xunto cos seus compañeiros Robustiano Arias Carujo e Miguel Cuellas Gómez, cando foron localizados pola garda civil en Columbrianos.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 98. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externasEditar