Miguel Barros Castro

xornalista galego

Miguel Barros Castro, nado en Mosende (O Porriño) en 1892 e finado en Montevideo o 5 de xuño de 1934, foi un xornalista galego.

Infotaula de personaMiguel Barros Castro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1892 Editar o valor em Wikidata
Mosende, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xuño de 1934 Editar o valor em Wikidata (41/42 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de José Barros Amandi. Estudou filosofía no Seminario de Tui, onde comezou o exercicio periodístico colaborando en La Integridad. En 1910 emigrou ao Uruguai e formou parte da redacción de El Diario Español. En 1912 intentou editar sen éxito El Eco de España. Xefe de redacción de El Diario Español, en xullo de 1917 colaborou no diario La Razón. Sumouse á redacción de Tierra Gallega, substituíndo a Xosé María Barreiro na dirección a partir do número 40. Colaborou como redactor no semanario Galicia Nueva. Tamén colaborou coa Revista de las Españas, editada en Madrid pola Unión Ibero-Americana. Foi un dos fundadores da Casa de Galicia. Foi secretario da Junta Patriótica Española, da Cámara Oficial Española de Comercio e do Club Español. Foi secretario (1931) e despois subxerente da Administración Nacional de Combustibles. Finou en Montevideo nun accidente de tráfico o 5 de xuño de 1934.[1][2]

Vida persoal editar

Casou con Elvira Arcelos.

Notas editar

  1. El Compostelano, 27-6-1934, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 31-7-1934, p. 12.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar