Miguel Ángel Capón Rey
Miguel Ángel Capón Rey, nado en Tui o 4 de outubro de 1946, é un perito industrial e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de outubro de 1946 (78 anos) Tui, España |
Alcalde de Tui | |
1991 – febreiro de 1998 (moción de censura) ← José Luís Gómez Núñez – Antonio Fernández Rocha → | |
Actividade | |
Ocupación | político, perito mercantil |
Traxectoria
editarPerito mercantil e auditor xubilado. Nas municipais de 1987 presentouse na candidatura de Unión Tudense encabezada por Juan Miguel Diz Guedes. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1995 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. En febreiro de 1998 unha moción de censura encabezada por Antonio Fernández Rocha, que abandonara o grupo popular xunta outros 4 edís, retirouno da alcaldía. Encabezou de novo a candidatura do PPdeG en 1999 máis foi superado por Fernández Rocha, que concorría como independente. Tralo regreso deste ao PPdeG volveu presentarse polo partido Acción Tudense en 2003 e foi elixido concelleiro e portavoz do grupo. Concorrendo de novo en 2007, 2011[1] e en 2015[2], apoiando o goberno socialista de Enrique Cabaleiro e manténdose nel ata que foi desaloxado por unha moción de censura orquestada por C 21 e o PPdeG en outubro de 2017. Non concorreu de novo en 2019 e retirouse da política.
Predecesor: José Luís Gómez Núñez |
Alcalde de Tui 1991 - 1998 |
Sucesor: Antonio Fernández Rocha |
Notas
editar- ↑ "Capón Rey repetirá como candidato a la Alcaldía de Tui por Acción Tudense". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2020-04-03.
- ↑ Capón Rey encabeza Alternativa Tudense y lleva a Villaverde, del PP
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Añoveros Trías de Bes, Xabier; Martínez Gamallo, Loli (2007). Los alcaldes de Tui del siglo XX. Historia de la ciudad a través de los plenos municipales. Pontevedra: Deputación. ISBN 978-84-612-2481-4.
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Bernal López, Xosé Luis (Farruco)". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 67. ISBN 84-8064-113-4.