Os micronemas son orgánulos típicos de protozoos Apicomplexa con función secretora. Están situados no terzo apical do protozoo, son pequenos e delgados con forma de corda enroscada e rodeados de membrana, cunha matriz interna electrodensa debido ao seu contido proteico. O seu nome vén da súa forma: micro + nema = microfíos.[2] Estes orgánulos secretores especializados crese que son importantes para a motilidade por esvaramento dos apicomplexos e para a invasión da célula hóspede.

Micrografía electrónica de transmisión de taquizoítos de Toxoplasma gondii.[1] Micronemas: mn (facer clic para ampliar).
Esquema dun apicomplexo. O número 3 son os micronemas.

Estes orgánulos segregan varias proteínas, como o da familia proteica do antíxeno da membrana apical 1 ou PfAMA1 de Plasmodium falciparum, e o antíxeno da familia eritrocitaria ou EBA.[3] Estas proteínas están especializadas na unión a receptores de superficie dos eritrocitos do hóspede e facilitan a entrada do parasito no eritrocito. Só grazas a este intercambio químico inicial facilitado polos micronemas pode o parasito penetrar no eritrocito por medio do complexo motor de actina-miosina.

Postulouse que este orgánulo funciona cooperativamente coas roptrías, as cales son tamén orgánulos secretores especializados. É posible que, o micronema inicie a unión ao eritrocito, e a roptría segregue proteínas que crean a membrana vacuolar parasitófora, na cal o parasito pode sobrevivir e reproducirse.[4][5]

Notas editar

  1. Rigoulet, Jacques; Hennache, Alain; Lagourette, Pierre; George, Catherine; Longeart, Loïc; Le Net, Jean-Loïc; Dubey, Jitender P. (2014). "Toxoplasmosis in a bar-shouldered dove (Geopelia humeralis) from the Zoo of Clères, France". Parasite 21: 62. ISSN 1776-1042. PMID 25407506. doi:10.1051/parasite/2014062. 
  2. Farlex Partner Medical Dictionary en The Free Dictionary Microneme
  3. Healer, Julie; Crawford, Simon; Ralph, Stuart; McFadden, Geoff; Cowman, Alan F. (2002-10). "Independent Translocation of Two Micronemal Proteins in Developing Plasmodium falciparum Merozoites". Infection and Immunity (en inglés) 70 (10): 5751–5758. ISSN 0019-9567. PMC 128307. PMID 12228305. doi:10.1128/IAI.70.10.5751-5758.2002. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2022. Consultado o 23 de novembro de 2022. 
  4. Henryka Dlugonska. Toxoplasma Rhoptries: Unique Secretory Organelles and Source of Promising Vaccine Proteins for Immunoprevention of Toxoplasmosis. Journal of Biomedicine and BiotechnologyVolume 2008 (2008), Article ID 632424, 7 pageshttp://dx.doi.org/10.1155/2008/632424. [1]
  5. Soldati D, Dubremetz JF, Lebrun M. Microneme proteins: structural and functional requirements to promote adhesion and invasion by the apicomplexan parasite Toxoplasma gondii. Int. J. Parasitol. 2001 Oct;31(12):1293-302. PMID 11566297