Micky Stobart
Miguel Ángel García Stobart, máis coñecido como Micky Stobart, nado o 22 de marzo de 1985 en Palma de Mallorca, é un xogador profesional de baloncesto español que xoga para o CB Valladolid da LEB Ouro. Cunha estatura de 2,05 metros xoga na posición de pivote.
CB Valladolid – No. 43 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 22 de marzo de 1985 (39 anos) Palma de Mallorca |
Nacionalidade | España |
Altura | 2,05 m (6 ft 8.75 in) |
Peso oficial | 95 kg (210 lb) |
Posición | Pivote |
Liga | LEB Ouro |
Información da carreira | |
Carreira | dende 2003 |
Historial de equipos | |
Barcelona B (2003–2004) |
Traxectoria profesional
editarEn 2012, Stobart chegou ó Obradoiro CAB da Liga ACB procedente do Bàsquet Mallorca. Ó rematar a tempada, renovou o seu contrato por unha tempada máis.[1]
Tras dúas tempadas en Santiago de Compostela, Stobart fichou en setembro de 2014 polo CB Valladolid da LEB Ouro.[2]
Notas
editar- ↑ "Micky Stobart renueva con el Blusens Monbus para la próxima temporada". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2014. Consultado o 08 de xaneiro de 2015.
- ↑ "El CB Valladolid se refuerza con Eduardo Hernández-Sonseca y Micky Stobart". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2014. Consultado o 08 de xaneiro de 2015.