Mickey, Donald, Goofy: The Three Musketeers

filme de 2004 dirixido por Donovan Cook

Mickey, Donald, Goofy: The Three Musketeers é un filme estadounidense de 2004 dirixido por Donovan Cook. Baséase nos personaxes orixinais de Mickey Mouse creados por Walt Disney, sendo unha adaptación cinematográfica da novela Os tres mosqueteiros, escrita por Alexandre Dumas e publicada en 1844. Segundo suxire o título, está protagonizado por Mickey Mouse, Donald Duck e Goofy no papel de tres mosqueteiros. O filme foi producido por Walt Disney Pictures e a oficina australiana de DisneyToon Studios. Estreouse directamente en formato VHS e DVD o 17 de agosto de 2004 a través de Walt Disney Home Entertainment, e posteriormente foi estreado en Blu-ray Disc o 12 de agosto de 2014, cadrando co décimo aniversario da súa estrea.

Mickey, Donald, Goofy: The Three Musketeers
Ficha técnica
Título orixinalMickey, Donald, Goofy: The Three Musketeers
DirectorDonovan Cook
ProdutorMargot Pipkin
Guión
Baseado en
Intérpretes
MúsicaBruce Broughton
MontaxeBret Marnell
EstudioDisneyToon Studios[1]
Walt Disney Pictures
DistribuidoraWalt Disney Home Entertainment[2]
Estrea17 de agosto de 2004
Duración65 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos[1]
XéneroAnimación
Na rede
http://www.disney.ru/DisneyCMS/Content/Movies/DVD/065mushketery.jsp
IMDB: tt0371823 Filmaffinity: 630961 Allocine: 147078 Rottentomatoes: m/the-three-musketeers2004 Allmovie: v206817 TCM: 764068 TV.com: movies/mickey-donald-goofy-the-three-musketeers Netlix: 70000877Editar o valor em Wikidata

Personaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Mickey, Donald, Goofy: The Three Musketeers (2004)". Allmovie. Consultado o 18 de maio de 2020. 
  2. Desowitz, Bill (17 de agosto de 2004). "Mickey, Donald and Goofy Become Three Musketeers on DVD". Animation World Network. Consultado o 21 de maio de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar