Michael Powell
Michael Latham Powell, nado en Bekesbourne (Kent) o 30 de setembro de 1905 e finado en Avening (Gloucestershire) o 19 de febreiro de 1990 foi un director de cinema inglés.
Traxectoria
editarPowell comezou na industria do cinema en 1925, co director Rex Ingram, traballando nos Victorine Studios en Niza, emprego que conseguiu por un contacto do seu pai, que tiña un hotel na cidade. De volta a Inglaterra en 1928, seguiu facendo diversos traballos no cinema, participando en filmes de Alfred Hitchcock como Champagne e Blackmail. Powell e Hitchcock continuaron sendo amigos toda a súa vida.
Tras escribir varios guións debutou como director en 1931 con Two Crowded Hours, sendo contratado como director en 1939 por Alexander Korda. A través de Korda coñeceu o refuxiado húngaro Emeric Pressburger, co que formaría parella artística, co nome de "The Archers", durante dezanove filmes.
A súa carreira sufriu un revés co fracaso do suspense psicolóxico Peeping Tom, que realizou en solitario, controvertido polas súas imaxes violentas e sexuais.
Filmografía
editar- Contraband (1940)
- 49th Parallel (1941)
- One of Our Aircraft Is Missing (1942)
- The Life and Death of Colonel Blimp (1943)
- The Volunteer (1943)
- A Canterbury Tale (1944)
- I Know Where I'm Going! (1945)
- A Matter of Life and Death (1946)
- Black Narcissus (1947)
- The Red Shoes (1948)
- The Small Back Room (1949)
- The Elusive Pimpernel (1950)
- Gone to Earth (1950)
- The Tales of Hoffmann (1951)
- Oh... Rosalinda!! (1955)
- The Battle of the River Plate (1956)
- Ill Met by Moonlight (1957)
- Honeymoon (1959)
- Peeping Tom (1960)
- The Queen's Guards (1961)
- They're a Weird Mob (1966)
- A idade do consentimento (1969)
- The Boy Who Turned Yellow (1972)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Christie, Ian. Arrows of Desire: The Films of Michael Powell and Emeric Pressburger. Londres: Waterstone, 1994. ISBN 0-571-16271-1. ISBN 0-947752-13-7.
- Christie, Ian. Powell, Pressburger and Others. Londres: British Film Institute, 1978. ISBN 0-85170-086-1.
- Esteve, Llorenç. Michael Powell y Emeric Pressburger. Río de Janeiro, Brasil: Cátedra, 2002. ISBN 978-84-376-1950-7.
- Howard, James. Michael Powell. Londres: BT Batsford Ltd, 1996. ISBN 0-7134-7482-3.
- Macdonald, Kevin. Emeric Pressburger: The Life and Death of a Screenwriter. Londres: Faber & Faber, 1994. ISBN 0-571-16853-1
- Moor, Andrew. Powell and Pressburger: A Cinema of Magic Spaces. Londres: I.B. Tauris, 2005. ISBN 1-85043-947-8.
- Powell, Michael. A Life in Movies (Autobiografía). Londres: Heinemann, 1993. ISBN 0-571-20431-7; First edition 1986. ISBN 0-434-59945-X.
- Powell, Michael. Million Dollar Movie. Londres: Heinemann, 1992. ISBN 0-434-59947-6. ISBN 0-7493-0463-4 (pbk).
- Thiéry, Natacha. Photogénie du désir: Michael Powell et Emeric Pressburger 1945–1950. Rennes, France: Presse Universitaires de Rennes, 2009. ISBN 2-7535-0964-6.
- Howard, James. 'I Live Cinema' : The Life and Films of Michael Powell. UK: CreateSpace Independent Publishing Platform, 2013. ISBN 1-4700-1179-4