Michael Anderson

director de cine británico

Michael Joseph Anderson, nado en Londres (Inglaterra) o 30 de xaneiro de 1920 e finado en Vancouver (Canadá) o 25 de abril de 2018,[1] foi un director de cine británico, coñecido por filmes como A volta ao mundo en oitenta días (polo que foi candidato ao Óscar) e Logan's Run.

Infotaula de personaMichael Anderson

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Michael Joseph Anderson Editar o valor em Wikidata
30 de xaneiro de 1920 Editar o valor em Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte25 de abril de 2018 Editar o valor em Wikidata (98 anos)
Vancouver, Canadá Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927)
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , director de televisión , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1949 Editar o valor em Wikidata - 1999 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAdrienne Ellis (1977–2018)
FillosMichael Anderson Jr. (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiLawrence Anderson Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0027183 Allocine: 53940 Allmovie: p79635 TCM: 523035 TV.com: people/p79635 BNE: XX1295537 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Anderson naceu nunha familia do mundo do teatro. Os seus pais foron Lawrence e Beatrice Anderson e a súa tía avoa (Mary Anderson) foi a primeira actriz que tivo un teatro co seu nome en Louisville, Kentucky.

Logo de servir na segunda guerra mundial, comezou no cinema británico, debutando en 1949 con Private Angelo. A este, seguiron filmes como Waterfront Women (1950), o filme bélico The Dam Busters (1954) e a adaptación ao cinema da novela de George Orwell Nineteen Eighty-Four.

A fama chegoulle sobre todo por A volta ao mundo en oitenta días, adaptación da novela homónima de Jules Verne, que foi un éxito de público e que lle valeu unha candidatura ao Óscar á mellor dirección. Tralo éxito do filme, instalouse en Hollywood, mais as súas obras posteriores non chegaron ao éxito desta. Entre estas destacaron As sandalias do pescador (1968) Doc Savage: The Man of Bronze (1975), Logan's Run (1976) ou Orca (1978).

Posteriormente, participou na realización de miniseries como The Martian Chronicles ou Sword of Gideon.

Vida privada

editar

Anderson casou en tres ocasións:

Anderson faleceu o 25 de abril de 2018 aos 98 anos de causas naturais.[2]

Filmografía

editar
  1. Roures, Juan (28 de abril de 2018). "Muere Michael Anderson, el director candidato al Oscar más antiguo". La Opinion. Consultado o 28 de abril de 2018. 
  2. Fox News
  3. Coprodución entre Hammer Films e Toho Company Ltd. O proxecto foi cancelado durante a preprodución despois de que se imprimise e publicase material promocional en revistas como Variety.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar