Abrir o menú principal

O MiG-25 (designación OTAN: Foxbat) é un avión de recoñecemento e interceptor de alta velocidade deseñado e producido na Unión Soviética pola oficina de deseño Mikoyan-Guverich. Voou por vez primeira o 6 de marzo de 1964 e entrou en servizo en 1970. Cunha velocidade máxima de Mach 2,83 (entre as máis altas da aviación militar), un poderoso radar e catro mísiles aire-aire, o Foxbat causou conmoción entre os analistas militares e observadores estadounidenses, que pediron o desenvolvemento do F-15 Eagle a finais dos anos 60. A súa produción rematou no ano 1984, despois de fabricarse 1.190 exemplares. Voou con diversas forzas aéreas e na actualidade aínda permanecen en servizo un feixe de unidades en Rusia e outros países.

MiG-25
MiG-25 fig2agrau USAF.jpg
MiG-25
Tipocaza interceptor
FabricanteMikoyan
Deseñado porMikoyan
Primeiro voo6 de marzo de 1964
Introducido1970
Estadoservizo activo limitado
Unidades construídas1.190