Mexicana de Aviación

Compañía Mexicana de Aviación, S.A. de C.V. (comunmente coñecida como Mexicana) foi unha aeroliña de México. Fundada en 1921, era a aeroliña máis antiga do país e unha das aeroliña de marca única continua máis antigas do mundo (despois de KLM, Avianca e Qantas). Antes do cesamento das súas operacións en agosto de 2010 trátábase da aeroliña insignia e a máis grande de México. O peche do grupo foi anunciado polo novo equipo directivo da compañía pouco tempo despois de que se declarara en suspensión de pagos. O 4 de abril de 2014 un xuíz declarou a bancarrota de Mexicana e ordenou comezar a vender todos os activos da compañía para pagar as obrigas da aeroliña. A súa sede atopábase na Torre Mexicana de Aviación (hoxe Torre AXA) da Cidade de México.[1]

Mexicana de Aviación
IATA
MX
OACI
MXA
Indicativo
MEXICANA
Fundación12 de xullo de 1921
Inicio das operacións30 de agosto de 1921
Fin das operacións28 de agosto de 2010
Aeroporto principalaeroporto de Cancún
aeroporto de Guadalaxara
aeroporto da Cidade de México
Plan de voo frecuenteMexicana Go
Frota130 (con filiais)
Destinos80
HoldingMed Atlántica
Eslogan da compañíaVuela en lo más alto
SedeCidade de México

Ademais de servizos domésticos, Mexicana operaba voos a varios destinos internacionais en América do Norte, Centroamérica, o Caribe, Suramérica e Europa. O seu principal centro de conexións era o aeroporto internacional da Cidade de México, con centros secundarios no aeroporto de Cancún e no aeroporto de Guadalaxara.[2]

Os principais competidores de Mexicana eran Aeroméxico (aínda que as dúas compañían tiñan código compartido nalgunhas rutas), e aeroliñas de baixo custo como Volaris e Interjet. Mexicana era a aeroliña máis antiga de Norteamérica e a curta máis antiga do mundo operando baixo o mesmo nome.

En 2009 o grupo de aeroliñas Mexicana (que incluía a Mexicana Click e a Mexicana Link) transportou máis de 11 millóns de pasaxeiros (6,6 millóns en rutas domésticas e 4,5 en rutas internacionais), usando unha frota duns 110 avións.[3]

Durante os tres anos anteriores ao seu peche, o grupo Mexicana incrementara a súa participación nun florecente mercado doméstico, pasando dun 22% a principios de 2007 a case un 30% no seu último ano de vida. Isto acadouse reducindo o tamaño das operacións principais de Mexicana mentres se intensificaban as actividades de Mexicana Click (orixinalmente planeada como unha aeroliña de baixo custo) e de Mexicana Link (a subsidiaria operadora de CRJ con base en Guadalaxara).[3]

Tras unirse primeiro a Star Alliance en 2000, Mexicana deixou a alianza en 2004 antes de unirse a Oneworld o 10 de novembro de 2009.[4] Mexicana solicitou un concurso mercantil en agosto de 2010 nun intento de reestruturar as súas operacións.[5] O 27 de agosto de 2010 Mexicana anunciou que suspendería as súas operacións indefinidamente na medianoite do día seguinte.[6] As súas filiais Click e Link tamén pararon as súas operacións.

Notas editar

  1. "Torre Mexicana de Aviación". web.archive.org. 2013-12-03. Archived from the original on 03 de decembro de 2013. Consultado o 2022-02-04. 
  2. "Directory: World Airlines". Flight International. 10 de abril de 2007. p. 50
  3. 3,0 3,1 "Mexicana’s uncertain future: Big network shake-up posed by possible removal of biggest player; 30% of domestic market and 20% of US-Mexico market up for grabs". anna.aero (en inglés). 2010-08-11. Consultado o 2022-02-04. 
  4. "Mexicana to become part of oneworld on 10 November". www.oneworld.com (en inglés). Consultado o 2022-02-04. 
  5. Sobie, Brendan. "Mexicana sinks into restructuring". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-02-04. 
  6. "Airline Mexicana to suspend operations on Saturday - MarketWatch". web.archive.org. 2010-08-29. Archived from the original on 29 de agosto de 2010. Consultado o 2022-02-04.