Metro de Helsinqui

O Metro de Helsinqui (en finés: Helsingin metro, en sueco Helsingfors metro), é a rede de metro da cidade de Helsinqui, Finlandia. É a rede de metro situada máis ao norte do mundo, e actualmente é a única de Finlandia. A rede foi aberta ao público o 2 de agosto[2] tras 27 anos de planificación. É operada pola Helsingin kaupungin liikennelaitos (HKL) para a Helsingin seudun liikenne (HSL) e é empregada por máis de 50 millóns de pasaxeiros cada ano.

Metro de Helsinqui
Helsingin metro (en finés)
Helsingfors metro (en sueco)
Información
CidadeHelsinqui
TipoMetro
Liñas2
Estacións30
Pasaxeiros (día)156.986 (2009)[1]
Pasaxeiros (ano)57,3 millóns (2009)[1]
Operacións
Inauguración2 de agosto de 1982[2]
Operador(es)Helsingin kaupungin liikennelaitos
Rede43 km
Ancho de vía1.524 mm (4 ft 8 1⁄2 in)
Electrificación750 V CC[3]
Mapa da rede
Mapa do Metro
Mapa do Metro

A rede consiste nunha única liña bifurcada con dezasete estacións sobre unha lonxitude total de 21,1 km.[4] Dá servizo principalmente aos suburbios de Helsinqui Leste, mais tamén pode ser empregado como medio de transporte na zona centro da cidade. A ampliación Länsimetro continuará a liña cara ao Helsinqui occidental e as zonas sur da veciña cidade de Espoo, actualmente comunicada só por autobuses.

A rede ferroviaria de proximidades local (de superficie) que dá servizo ao norte e noroeste non se cruza coa rede de metro, mais os pasaxeiros poden cambiar de tren na Estación Central de Helsinqui (estación de metro Rautatientori).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Metro transport and the environment Arquivado 25 de setembro de 2013 en Wayback Machine. HKL Metro Transport
  2. 2,0 2,1 "Helsinki City Transport - About HKL - History - A brief history of the metro". Helsinki City Transport. 19 March 2012. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2015. Consultado o 2013-09-21. 
  3. "Metrokalusto, Helsinki Metro rolling stock". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2010. Consultado o 09 de decembro de 2013. 
  4. "Helsinki City Transport - HKL Metro". Helsinki City Transport. 28 August 2013. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2011. Consultado o 2013-09-21. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar