Corrente continua

A corrente continua (CC ou, en inglés, DC - direct current) é o fluxo de carga eléctrica con dirección constante. Este tipo de corrente é xerado por baterías de automóbiles (6, 12 ou 24V), pequenas baterías (xeralmente 9V), pillas (1,2V e 1,5V), dínamos, células solares e fontes de alimentación de varias tecnoloxías, que rectifican a corrente alternada para producir corrente continua. Como se ve na imaxe, a corrente continua non ten necesariamente valor constante, este pode variar moito, pero circulando sempre na mesma dirección.

Tipos de corrente continua

Normalmente é utilizada para alimentar aparellos electrónicos (entre 1,2V e 24V) e os circuítos dixitais de equipamento de informática (computadores, módems, hubs etc.).

Historia

editar

As primeiras experiencias de electrodinámica foron feitas con corrente continua, entre elas a pila de Volta. As primeiras liñas de transmisión tamén usaban CC, utilizada principalmente para iluminación e baseada en tecnoloxía desenvolvida por Edison e o seu laboratorio. Posteriormente pasouse a usar corrente alternada debido ás dificultades de conversión (elevación ou diminución) da tensión en CC, o que provocaba grandes quedas de tensión nas liñas de transmisión. No entanto co desenvolvemento da tecnoloxía (inversores), volveuse a usar CC nalgunhas liñas de transmisión de alta potencia, principalmente se son submarinas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar