Estación Central de Helsinqui

A Estación Central de Helsinqui (en finés: Helsingin päärautatieasema, en sueco: Helsingfors centralstation) é o principal nó de transporte público da cidade de Helsinqui, en Finlandia. Dela parten a maioría de liñas férreas que vertebran o país. A terminal está conectada coa rede de metro de Helsinqui a través da estación de Rautatientori.

Estación de Helsinqui
Estación Central de Helsinqui
SituaciónHelsinqui
Liñas
Media distanciai
Intermodalidade
Metro
Metro de Helsinqui

O edificio da estación, que data de 1860, é un monumento destacable do centro da cidade, obra do arquitecto Eliel Saarinen. Presenta certa similitude coa estación da Coruña, construída posteriormente. A estación está cuberta en gran parte por granito finlandés e os seus elementos máis característicos son a torre do reloxo e os dous pares de estatuas, esculpidas por Emil Wikström, que sosteñen catro globos luminosos nos dous laterais da entrada principal.

A estación ten un tráfico de aproximadamente 200.000 pasaxeiros diarios, sendo a máis importante de Finlandia.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar