Abrir o menú principal

A Unidade de Observación e Predición Meteorolóxica (MeteoGalicia) é un organismo dependente da Consellaría de Medio Ambiente creada no ano 2000 froito dun convenio entre coa Universidade de Santiago de Compostela e que ten como obxectivos principais a realización dunha predición meteorolóxica de Galicia e a explotación e mantemento da rede de observación meteorolóxica e climatolóxica da Xunta de Galicia.

MeteoGalicia
MeteoGalicia.jpg
Fundación2000
MatrizConsellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
LocalizaciónRúa Roma, nº 6. 15707 Santiago de Compostela A Coruña Galicia Galiza
FundadorXunta de Galicia
IndustriaMeteoroloxía
Número de empregados25[1]
Páxina webmeteogalicia.es

Índice

DescriciónEditar

Co obxectivo de mellorar e optimizar o seu funcionamento, MeteoGalicia estrutúrase en catro áreas principais:

  • Predición operativa
  • Predición numérica
  • Visualización
  • Climatoloxía

MeteoGalicia desenvolve tamén modelos meteorolóxicos, oceanográficos e de ondaxe de moi alta resolución para mellorar as súas predicións meteorolóxicas. MeteoGalicia dispón dunha na que se poden atopar as distintas predición realizadas, as saídas dos modelos, datos meteorolóxicos e climatolóxicos, e mais información sobre as actividades do servizo. Hoxe en día ofrece unha das mellores predicións meteorolóxicas de Europa.

Desde 2001 realiza a previsión marítima xunto coa meteorolóxica. MeteoGalicia utiliza un sistema pioneiro de predición marítima e oceanográfica que permite predicir o estado do mar con catro días de antelación en dous tramos de día, de mañá e tarde; facilita así mesmo información específica sobre modelos de ondas costeiras e correntes, a dirección do vento, estado do mar, mar de fondo, altura de fondo, temperatura da auga, do ar e índice ultravioleta máximo.

As predicións marítimas fanse para cinco zonas: Costa Cantábrica, Ferrol - Bares, Ártabra , Costa da Morte e Rías Baixas, até 20 millas mar adentro[2]. Pódense ver as rías de forma independente.

NotasEditar

  1. A Xunta defende a continuidade de Meteogalicia. Praza Pública, 22 de xuño de 2013.
  2. "Predición marítima - MeteoGalicia". www.meteogalicia.gal. Consultado o 2018-12-25. 

Véxase taménEditar