Merilin Kotta

lingüista e tradutora estonia

Merilin Kotta, nada en Haapsalu o 7 de agosto de 1982, é unha lingüista e tradutora estoniana.

Merilin Kotta
Nacemento7 de agosto de 1982
Lugar de nacementoHaapsalu
NacionalidadeEstonia
Alma máterUniversidade de Talín
Ocupaciónprofesora universitaria, tradutora e filóloga
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

En 2005 licenciouse en Historia pola Universidade de Talín, e en 2007 rematou un mestrado na Universidade de Tartu en lingua e literatura castelá. Fixo estancias na Universidade de Xirona, a Universidade de Valencia e a Universidade das Illas Baleares.[1] En 2013 doutorouse na Universidade de Tartu coa tese Manifestaciones del proceso de escritura en la narrativa breve catalana actual, dirixida por Jüri Talvet.[1][2]

Entre 2009 e 2013 foi profesora de castelán na Universidade Popular de Haapsalu, e desde 2012 é profesora de cultura española na Universidade de Talín.[1]

Xunto con Francisco Javier López Arias, en 2020 está a coordinar un dicionario bilingüe estoniano-galego.[3]

TraduciónsEditar

Kotta traduciu ao estoniano obras en lingua castelá, lingua catalá e lingua éuscara.

RecoñecementosEditar

  • 2018: Premio de Literatura da Universidade de Talín pola tradución de Bilbao-Nueva York-Bilbao

NotasEditar