Mererid Hopwood
Mererid Hopwood, nada en Cardiff en 1964, é unha poetisa galesa que fixo historia ao ser a primeira muller en gañar a Cadeira no Festival Nacional de Gales, ou Eisteddfod, seguindo a tradición na cultura galesa de lles entregar unha cadeira e unha coroa, que tamén gañou dous anos máis tarde, a aqueles escritores, poetas e personalidades senlleiros na cultura do País de Gales.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (cy) Elin Mererid Hopwood 18 de febreiro de 1964 (60 anos) Cardiff, Reino Unido |
Chair of Welsh and Celtic Studies at Aberystwyth University (en) | |
2021 – | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Aberystwyth Ysgol Llanhari (en) |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, escritora, presentadora de televisión, docente |
Membro de | |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarÉ de Cardiff, malia que a súa familia teña as súas orixes no condado occidental de Pembrokeshire. Agora vive na vila de Llangynnwr, no condado de Carmarthenshire, co seu marido e fillos. Graduouse cunhas moi boas cualificacións e con honras de primeira clase en español e en alemá pola universidade de Aberystwyth, dependente da Universidade de Gales. Despois duns anos coma profesora de Lingua alemá na Universidade de Swansea e como directora de escritura creativa no departamento de Lingua galesa da mesma, entrou a formar parte do Arts Council of Wales no equipo do Medio e Oeste Galés. Na actualidade tamén traballa como ensinante de español nun liceo do condado de Carmarthenshire.
Presenta, tamén, un programa de televisión na canle galesa S4/C.
Obras
editar- Sarah Kirsch (1997)
- Singing in Chains: Listening to Welsh Verse (2004)
- Seren Lowri (2005)
- Plentyn (2005)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Breve biografía (en inglés).