Mercedes Corbillón
María Mercedes Corbillón Fernández, coñecida como Mercedes Corbillón, nada en Pontevedra o 21 de xullo de 1969, é unha libreira e escritora galega.
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xullo de 1969 (55 anos) Pontevedra, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | libreira, escritora |
Traxectoria
editarResidente en Santiago desde que foi estudar graduado social na USC, comezou no negocio inmobiliario e despois foi cofundadora da libraría Cronopios[1] de Pontevedra e Santiago de Compostela.[2] Ten colaborado semanalmente en La Voz de Galicia, Diario de Pontevedra[3] e El Progreso, ademais de Tempos Novos.[4] Tamén é colaboradora de Un alto en el camino de Onda Cero,[5] conducido por Susana Pedreira, no que fala de libros e viaxes.
Foi xurado de numerosos premios literarios: Xerais, Torrente Ballester, Alfaguara, Viadutos...
Foi a editora de Bajo la lluvia no pesan las historias de Carmen Quinteiro.[6]
Obra
editar- Verano en A Toxa (2022). El Patito Editorial, colección Illadas. Ilustracións de Maru Godás. 88 páxs. ISBN 9788412247855.[7] En castelán.
- La belleza debe morir (2023). Madrid: Espasa Libros. 256 páxs. ISBN 9788467067255. En castelán.
- A beleza debe morrer (2023). Vigo: Galaxia.[8] 289 páxs. ISBN 978-84-1176-018-8. Tradución da autora.
- Volver, un tango pontevedrés (2023). Silleda: Ed. Elvira. En "San Mauro. Historias para coñecer Pontevedra", do Diario de Pontevedra. 61 páxs. ISBN 978-84-128006-4-7.
Libros colectivos
editar- Oito olladas sobre a folga feminina do 8 de marzo (2018). Vigo: Galaxia. Ed. de Inma López Silva.[9]
- O libro do fútbol (2023). Vigo: Galaxia.[10]
Premios
editar- Premio Follas Novas do Libro Galego 2022.[11]
Notas
editar- ↑ "Con Voz de domingo, con Mercedes da Libraría Cronopios". Librarias de Galicia. 2023-02-12. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2023. Consultado o 2023-04-14.
- ↑ "Mercedes Corbillón: «Muchos me conocen por la librería, pero con Corbi llevo 30 años en Santiago»". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-10-10. Consultado o 2023-04-14.
- ↑ Pontevedra, Diario de. "Diario de Pontevedra, Noticias de Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2023-04-14.
- ↑ "Mercedes Corbillón". PlanetadeLibros (en castelán). Consultado o 2023-04-14.
- ↑ "Un Alto en el camino | Onda Cero Radio". www.ondacero.es. Consultado o 2023-04-14.
- ↑ Lecturafilia (2019-12-03). "Bajo la lluvia no pesan las historias". Lecturafilia (en castelán). Consultado o 2023-04-14.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2022-10-29). "No caso de pasar un verán na Toxa". Diario de Pontevedra. Consultado o 2023-04-14.
- ↑ Redacción (2023-04-14). "Presentación de ‘A beleza debe morrer’, hoxe en Cronopios". El Correo Gallego. Consultado o 2023-04-14.
- ↑ ""Oito Olladas sobre a folga feminina do 8 de marzo"". Faro de Vigo (en castelán). 2019-01-11. Consultado o 2023-04-14.
- ↑ "O libro do fútbol". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-06-22.
- ↑ Diario, Nós (2022-05-26). "Mercedes Corbillón: "Ser libreira é un oficio que se leva con paixón e é algo absolutamente vocacional"". Nós Diario. Consultado o 2023-04-14.