Men Rodriguiz Tenoiro

(Redirección desde «Men Rodriguez Tenoiro»)

Men Rodriguiz Tenoiro (tamén Men Rodriguiz Tenoiro ou Tenoyrio) foi un nobre e trobador do século XIII e comezos do século XIV, activo nas cortes de Afonso X e Sancho IV.[1][2][3]

Infotaula de personaMen Rodriguiz Tenoiro
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Galicia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aínda que naceu en Castela, a súa familia provén de Pontevedra. Carolina Michaëlis propón que a súa liñaxe procede de Afonso IX.[3] Recibiu de Afonso X posesións en Xerez da Fronteira ao redor de 1266, posteriormente tivo presenza e ocupou algúns cargos na cidade de Sevilla, onde seguiu residindo e contribuíndo a súa defensa en tempos de Sancho IV. Trala morte de Sancho IV, tomou parte polo infante Pedro, chegando a ser nomeado adiantado e posteriormente xuíz de apelación. Despois de 1315 non é mencionado en ningún documento.[2]

Seu irmán Ruy Pérez Tenorio asasinou ao tamén trobador Pai Gómez Chariño.[3]

Obra editar

Consérvanse sete obras e outras seis son de dubidosa autoría.[3] Das sete obras: cinco son cantigas de amigo, outra de escarnio e maldicir, ademais dunha tenzón con Juião Bolseiro.[4] As seis atribuídas son cinco cantigas de amor e unha de escarnio.[3] 

Notas editar

  1. "B_205". Consultado o 2021-02-24. 
  2. 2,0 2,1 "Men Rodríguez Tenorio | Real Academia de la Historia". Consultado o 2021-02-24. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-02-24. 
  4. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-02-24.