Meliloto

Especie botánica

O meliloto[1] (Melilotus officinalis) é unha especie herbácea pertencente á familia das leguminosas, que se cultiva como planta forraxeira. O seu característico cheiro doce intensifícase pola secaxe e débese ao seu alto contido en cumarina.

Follas

Descrición

editar

Herba anual ou bienal, dunha altura media de 8 dm, moi ramificada; raíz pivotante, cosmopolita en terreos incultos. Sistema radicular de eixo principal pivotante, groso, con algunhas ramificacións; en formas bienais é máis leñosa ca as anuais. Follas alternas trifoliadas, con folíolos dentados, de obovais a oblongos, estípulas enteiras soldadas co pecíolo. Flores pequenas con corola amarela, agrupadas en acios curtos semellantes a espigas. O froito é un legume ovado, liso, con costelas transversais, de 2 mm de diámetro e con 1-2 sementes.

Uso medicinal

editar

É usada na fitoterapia. Promovería a "drenaxe linfática", redución de retención de líquidos, particularmente nos tecidos da parede venosa. Rouquén, catarros, amígdalas, antivaricoso (hedras). Adstrinxente.

Toda a planta bota un forte cheiro a cumarina, en especial ao fretala ou cando enxuga. Utilízanse as follas e os restos florais secos.

O principal compoñente (e ao cal se debe o seu recendo), é o glicósido cumarina, C9H6O2: lactona do ácido ortohidroxicinámico. Este glicósido é solúbel en alcol, cloroformo e éter e preséntase en forma de cristais prismáticos, incoloros, de cheiro fragrante e sabor moi agre.

A dicumarina, dicumarol ou antiprotrombina, C19O6H12, prodúcese por fermentación da forraxe cando a forraxe fenifica mal, é utilizada en medicamento humano para o tratamento da trombose. A dicumarina é o composto anticoagulante responsábel de hemorraxias internas xeneralizadas moi características dos animais cando inxiren a devandita forraxe.

A Melilotus officinalis é unha especie capaz de acumular nitratos en cantidades nocivas.[2]

 
Melilotus officinalis

Néctar

editar

É moi boa fonte de néctar para apiarios (abellas, abesouros).

Taxonomía

editar

Melilotus officinalis foi descrita por (L.) Pall. e publicado en Journal of Botany, British and Foreign 66: 141. 1928.[3]

Etimoloxía

Melilotus: nome xenérico que deriva das palabras gregas: meli que significa "mel", e lotos, unha leguminosa.[4]

officinalis: epíteto latíno que significa "oficinal[5]", isto é, que ten aplicacións medicinais ou farmacéuticas.

Sinonimia
  • Medicago officinalis (L.)E.H.L.Krause
  • Melilotus arenarius Grecescu
  • Melilotus arvensis Wallr.
  • Melilotus melilotus-officinalis Asch. & Graebn.
  • Melilotus neglectus Ten.
  • Melilotus pallidus Ser.
  • Melilotus petitpierreanus Willd.
  • Trifolium Melilotus officinalis L.
  • Trifolium melilotus-officinalis L.
  • Trifolium officinale L.[6][7]
  • Galego: meliloto[8] , chuchamel, chupamel, meliloto oficinal, meliloto amarelo, trevo de cheiro, herba abelleira (non confundir coa melisa, tamén chamada en galego así)[9].
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para meliloto.
  2. Kingsbury (1964:43).
  3. "Meliloto". 
  4. en Nomes Botánicos
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para oficinal.
  6. "Melilotus officinalis". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 27 de agosto de 2016. 
  7. "Meliloto". 
  8. Nome vulgar galego en Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  9. Nomes vulgares da especie en E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega,Xunta de Galicia

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Cidade de México.
  • Correll, D. S. & M. C. Johnston. 1970. Man. Vasc. Pl. Texas i–xv, 1–1881. The University of Texas at Dallas, Richardson.
  • Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York.
  • Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. Ou.S.. New York Botanical Garden, Nova York.
  • Hitchcock, C. H., A.J. Cronquist, F. M. Ownbey & J. W. Thompson. 1961. Saxifragaceae to Ericaceae. Part III: 614pp. In C. L. Hitchcock Vasc. Pl. Pacif. N.W.. University of Washington Press, Seattle.
  • Hultén, E. 1968. Fl. Alaska i–xxi, 1–1008. Stanford University Press, Stanford.
  • Marticorena, C. & M. Quezada. 1985. Catálogo da Flora Vascular de Chile. Gayana, Bot. 42: 1–157.
  • Cabrera, A.L. e Zardini, E.M. 1978. Manual da Flora da Provincia de Buenos Aires - Buenos Aires, Ed. Acme, 2ª ed., 342 - 755 pp.

Outros artigos

editar