Melchor Roel

político galego
(Redirección desde «Melchor Roel Rivas»)

Melchor Roel Rivas, nado no Uruguai en 1954 e finado en Burela o 10 de decembro de 2013, foi un político galego do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaMelchor Roel
Biografía
Nacemento1954 Editar o valor em Wikidata
Uruguai Editar o valor em Wikidata
Morte10 de decembro de 2013 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Burela, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Militante do Partido Comunista Uruguaio, con tan só 18 anos foi detido por cuestións políticas,ingresando no cárcere de Punta Carreta, Montevideo. Despois de tres anos en prisión, foi expulsado do Uruguai pola ditadura militar, o 26 de setembro de 1975, e levado directamente a España. En España fixo o Servizo Militar e militou no PCE.

Instalouse en Viveiro onde traballou na Seguridade Social, foi membro da dirección de Comisións Obreiras. Nas eleccións municipais de 1983 foi elixido concelleiro de Viveiro polo PCE, e foi tenente-alcalde en 1985. Nas municipais de 1987, 1991 e 1995 volveu ser elixido concelleiro por IU-EU e desenvolveu o seu labor sindical e na administración pública. En 1997 uniuse ao PSdeG-PSOE e nas municipais de 2003 encabezou a candidatura do PSOE e foi elixido alcalde grazas a un pacto co BNG e EU. Volveu ser elixido alcalde en 2007 e 2011 sempre con pacto de goberno. Dende 2011 foi asesor da deputación de Lugo.[1] Ao final do verán de 2012 rompeu o pacto de goberno que mantiña co BNG. Uns días despois foi imputado xunto cun exedil do BNG, nun proceso xudicial pola concesión dunhas licenzas urbanísticas.[2] Finou en Burela o 10 de decembro de 2013.[3]


Predecesor:
César Aja Mariño
  
Alcalde de Viveiro
 
2003 - 2013
Sucesor:
María Loureiro García

Vida persoal editar

Casou con María del Carmen López Saavedra e foi pai de Melchor e Iván Roel López.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar