Melankomas
Melankomas ou Melancomas (en grego: Μελανκόμας ou Μελαγκόμας), que significa "Un co pelo negro", nado en Caria no século I, foi un púxil da Grecia antiga, campión olímpico no ano 49.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século I Caria, Turquía |
Morte | 70 Nápoles, Italia |
Actividade | |
Ocupación | boxeador |
Deporte | boxeo |
Premios | |
|
Traxectoria
editarMelankomas naceu en Caria, sendo fillo dun campión de puxilato do mesmo nome, que viviu durante o século I. Fíxose un nome como un dos mellores boxeadores da Antiga Grecia, e foi campión olímpico no ano 49.[1][2][3]
Supostamente tiña un estilo de boxeo único, bloqueando e evitando os golpes do rival sen lanzar el ningún golpe.[4][5] Unha vez que os seus adversarios se esgotaban, perdían, quedando Melankomas como vencedor.[6] Dión Crisóstomo relatou que era capaz de loitar así adestrando moito máis que os seus contemporáneos e grazas a unha resistencia inigualable, sendo capaz de loitar durante un día enteiro ou manter os brazos levantados durante dous días.[3][7]
Melankomas morreu novo, ao redor do ano 70 d.C., durante os Xogos de Nápoles.[2][3][8]
Legado
editarMelankomas é coñecido principalmente polos discursos 28 e 29 de Dión Crisóstomo, nos que o escritor usa a súa vida como lenzo para discutir sobre o atleta ideal e o home ideal. Dión eloxia o seu atletismo, boa aparencia e corazón valente. Segundo este, Melankomas nunca perdeu un combate, golpeou a un rival ou foi golpeado por un rival.[8][7] Temistio conta que o emperador Tito era o seu amante (erastes).[9]
Algúns eruditos cren que Melankomas foi unha persoa real, mentres que outros cren que el ou a súa historia foi un invento de Dión. Non hai nada que permita unha conclusión firme en ningún dos dous sentidos.[2][5][8]
Notas
editar- ↑ Chopra, Ramesh (2005). Dictionary Of History (en inglés). Gyan Books. p. 192. ISBN 81-8205-223-8.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Melankomas". ancientolympics.arts.kuleuven.be (en inglés). 2012. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2021. Consultado o 21 de outubro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Melankomas of Caria". perseus.tufts.edu (en inglés). Consultado o 21 de outubro de 2021.
- ↑ "Melankomas of Caria". Comité Olímpico Internacional (en inglés). 14 de xullo de 2021. Consultado o 21 de outubro de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 "Lance Armstrong, Ryan Lochte and the Marketing of Controversy" (en inglés). 20 de agosto de 2020. ISSN 0099-9660. Consultado o 21 de outubro de 2021.
- ↑ Early, Gerald (2019-01-24). The Cambridge Companion to Boxing (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 978-1-108-65103-5.
- ↑ 7,0 7,1 Poliakoff, Michael B. (1987). ""Melankomas, ek klimakos, and Greek Boxing". The American Journal of Philology (en inglés) 108: 511–518. ISSN 0002-9475. doi:10.2307/294676.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 König, Jason (2005). Athletics and Literature in the Roman Empire (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-83845-0.
- ↑ Heather, Peter J.; Sozomeno; Matthews, John (1991). The Goths in the Fourth Century (en inglés). Liverpool University Press. ISBN 978-0-85323-426-5.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Discursos 28 e 29 de Dión Crisóstomo (en inglés).