Megasoma elephas
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Scarabaeiformia
Superfamilia: Scarabaeoidea
Familia: Scarabaeidae
Subfamilia: Dynastinae
Tribo: Dynastini
Xénero: Megasoma
Especie: Megasoma elephas
(Fabricius, 1775)
Subespecies

M. e. elephas
M. e. iijimai

Sinonimia
  • Scarabaeus elephas Fabricius, 1775
  • Megasoma mexicanum Fischer, 1968

Megasoma elephas, o escaravello elefante, é unha especie da familia Scarabaeidae e subfamilia Dynastinae. Ten unha distribución Neotropical.

Aspecto editar

 
Macho e femia de Megasoma elephas no Insectario de Montreal

Os escaravellos elefante son de cor negra e están cubertos de finos pelos (setas) microscópicos. Os pelos crecen especialmente espesos nos élitros e danlle ao corpo do animal unha cor amarelada. Os machos teñen dous cornos que se proxectan cara a adiante desde a cabeza e o protórax. O corno da cabeza máis longo é o que lle dá a estes escaravellos o seu nome, xa que lembra os cabeiros dun elefante. As femias non teñen cornos. Usan os cornos para a defensa e a competición entre machos polo alimento e as femias.

Tamaño editar

En tamaño miden entre 7 e 12 cm de longo, e o exemplar macho máis grande que se mediu era de 13,7 cm, incluíndo o corno.[1]

Localización editar

Viven nas selvas do sur de México, América Central e América do Sur.[2]

Lista de subespecies editar

  • Megasoma elephas elephas (Fabricius, 1775)
  • Megasoma elephas iijimai Nagai, 2003

Reprodución editar

 
Femia de Megasoma elephas en Costa Rica

As larvas desenvólvense en grandes troncos en descomposición e tardan tres anos en desenvolverse en adultos, dependendo da subespecie. A femia pon ovos dento dos troncos podres ou no chan. Algunhas semanas despois (normalmente tres) os ovos fan eclosión orixinando larvas con forma de C, brancas con cabeza marrón e seis patas. O estadio larvario dura arredor de 29 meses, durante ese tempo a larva aliméntase. O terceiro e último estadio, o pupal, dura arredor de cinco semanas a unha temperatura de 26 graos Celsius. A vida dun adulto dura uns tres meses.

Alimentación editar

Aliméntanse do zume interno de certas árbores e de froitos maduros caídos. En catividade tamén comen froitas exóticas, como ananás, longáns, lichis e a codia de certas árbores como Delonix regia.

Comportamento e hábitat editar

Viven en selvas e son activos principalmente durante a noite. Poden manter unha alta calor corporal interna cando buscan comida malia a baixa temperatura ambiental.[3]

A poboación de escaravellos elefante diminuíu bastante pola destrución das selvas, o cal reduciu o seu territorio para vivir e reproducirse. Nalgúns países como Costa Rica, Nicaragua e outros en América Central a cabeza do macho utilízase como colgante ou colar, decorada con ouro. Isto afectou á poboación gravemente.

Posible uso militar editar

Como parte dun proxecto patrocinado polo Pentágono norteamericano, investigadores da Universidade de California, Berkeley implantaron eléctrodos en pupas de escaravello elefante. Isto permite exercer certo control remoto do comportamento voador dos adultos.[4]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar