Mediaset Sport
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2012.) |
Mediaset Sport é a marca de Mediaset España Comunicación dedicada aos deportes. Esta nova marca xunta tres canles: Telecinco, Cuatro e Energy. A creación difundírona os medios o 2 de marzo do 2012. En Mediaset Sport xúntanse estes eventos para a temporada 2011-2012:
- UEFA Europa League.
- Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012.
- MotoGP.
- Moto2.
- Moto3.
- Campionato de España de Velocidade (CEV) con todas as probas emitidas por Energy.
- Torneo de Roland Garros.
- Cuartos de final e Semifinais da Copa do Rei de fútbol.
- Gala de entrega do Balón de Ouro.
Mediaset Sport | |
---|---|
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
As persoas chave desta marca de Mediaset España Comunicación son JJ Santos (Telecinco), Manu Carreño (Cuatro), Sara Carbonero (Telecinco), Marco Rocha (Telecinco), Lara Álvarez (Cuatro), Keko Ochoa e Ángel Nieto.