McDonnell Douglas F-15E Strike Eagle
O McDonnell Douglas (agora Boeing) F-15E Strike Eagle é un caza polivalente todotempo estadounidense derivado do McDonnell Douglas F-15 Eagle.[1] O F-15E foi deseñado nos anos 80 como un interceptor de grande alcance e alta velocidade sen depender de avións de escolta ou de guerra electrónica. Os Strike Eagle da USAF poden distinguirse doutras variantes estadounidenses do Eagle pola súa camuflaxe máis escura e polos seus tanques de combustible comformables montados ao longo das entradas de aire do motor (aínfa que estes tanques de combustible tamén se montaron nas primeiras variantes do F-15).
McDonnell Douglas F-15E Strike Eagle | |
---|---|
Tipo | caza polivalente, cazabombardeiro |
Fabricante | McDonnell Douglas Boeing |
Primeiro voo | 11 de decembro de 1986 |
Introducido | 30 de setembro de 1989 |
Estado | en servizo |
Principais usuarios | Forza Aérea dos Estados Unidos Real Forza Aérea de Arabia Saudita Forza Aérea de Israel Forza Aérea de Corea do Sur |
Produción | 1985 - presente |
Unidades construídas | 513 |
O Strike Eagle despregouse en operacións militares en Iraq, Afganistán, Siria e Libia. Durante esas operacións o F-15E realizou ataques profundos contra obxectivos de gran valor e patrullas aéreas de combate, e proporcionou apoio aéreo próximo para tropas aliadas. Tamén foi exportado a varios países, como Israel e Arabia Saudita.
Operadores
editar- Real Forza Aérea de Arabia Saudita - 70 F-15S Eagle en servizo 84 F-15SA pedidos en xaneiro de 2014.[2]
- Forza Aérea da República de Corea - 59 F-15K en servizo en 2019.[3]
- Forza Aérea dos Estados Unidos - 219 F-15E en servizo en abril de 2019.[4]
- Forza Aérea de Israel - 25 F-15I en servizo en 2019.[5]
- Forza Aérea de Qatar - 36 F-15QA pedidos.[6]
- Forza Aérea da República de Singapur - 40 F-15SG.[7][8]
Notas
editar- ↑ Boeing (ed.). "F-15 Eagle". Consultado o 30 de xuño de 2018.
- ↑ Carey, Bill. "Boeing Presents First F-15SA of Saudi Arms Package". Aviation International News (en inglés). Consultado o 2020-12-21.
- ↑ "F-15K Slam Eagle". www.airforce-technology.com. Consultado o 2020-12-21.
- ↑ "F-15E Strike Eagle". U.S. Air Force (en inglés). Consultado o 2020-12-21.
- ↑ "World Air Forces 2019". Flightglobal Insight. 2019.
- ↑ "Qatar Signs $12 Billion Deal for U.S. F-15 Jets Amid Gulf Crisis". Bloomberg.com (en inglés). 2017-06-14. Consultado o 2020-12-21.
- ↑ Waldron, Greg. "Singapore probably has up to 40 F-15SGs". Flight Global (en inglés). Consultado o 2020-12-21.
- ↑ "Singapore Quietly Expanding Fighter Force". USNI News (en inglés). 2014-08-25. Consultado o 2020-12-21.