Mbira
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2016.) |
O mbira, tamén denominado sanza ou kalimba, é un instrumento musical idiófono orixinario de África.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/35/Mbira_dzavadzimu.jpg/300px-Mbira_dzavadzimu.jpg)
Estrutura
editarO mbira consiste en láminas de metal montadas sobre un gwariva (caixa de resonancia), de madeira de mubvamaropa (Pterocarpus angolensis).
Polo xeral engádese unha caixa de resonancia cunha cabaza para conseguir a amplificación. As follas de metal pódense realizar con diferentes materiais de Aceiro novos ou reciclados, aínda que é corrente utilizar mangos de culler de diferentes lonxitudes para obter as notas. Acciónanse cos dedos polgares ou coa combinación dos polgares con outros dedos e en total hai entre 6 e 33 láminas. As lingüetas prémense e sóltanse cos polgares e outros dedos para producir melodías e acompañamentos. O instrumento úsase para acompañar a cantantes e bailaríns.
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |