Maxime Dominguez
Maxime Dominguez, nado en Xenebra o 1 de febreiro de 1996 en Xenebra, é un futbolista suízo, de orixe galega, que xoga de centrocampista no Miedź Legnica da segunda división polaca.
Maxime Dominguez | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Maxime Dominguez | ||
Nacemento | 1 de febreiro de 1996 | ||
Lugar de nacemento | Xenebra | ||
Altura | 1,73 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Miedź Legnica | ||
Número | 10 | ||
Carreira xuvenil | |||
2009–2013 | Servette | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2013–2015 | Servette | 24 | (1) |
2015 | → Zürich | 0 | (0) |
2015–2016 | Zürich | 2 | (0) |
2016–2020 | Lausanne-Sport | 63 | (10) |
2020–2021 | Neuchâtel Xamax | 31 | (4) |
2021– | Miedź Legnica | 19 | (6) |
Selección nacional | |||
2011–2012 | Suíza sub-16 | 1 | (0) |
2012–2013 | Suíza sub-17 | 2 | (0) |
2014–2015 | Suíza sub-19 | 3 | (1) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 5 de xaneiro de 2022. Selección: actualizado a 5 de xaneiro de 2022.[ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Naceu en Xenebra, sendo fillo dunha suíza e dun galego natural do barrio coruñés dos Mallos.[1] Formouse como futbolista nas categorías inferiores do Servette FC da súa cidade natal, subindo ao primeiro equipo en 2014. Debutou co primeiro eqiupo na Challenge League o 17 de febreiro de 2014 contra o FC Vaduz.[2] Marcou o seu primeiro gol nove días despois, na vitoria por 1-4 contra o FC Chiasso.[3]
En febreiro de 2015 saíu cedido ao FC Zürich e en outubro o club incorporou ao xogador en propiedade. Entre 2016 e 2020 xogou no Lausanne-Sport e tras pasar polo Neuchâtel Xamax,[4] deixou en 2021 o fútbol suízo para fichar polo Miedź Legnica da segunda división polaca.[5]
Selección nacionalEditar
Foi internacional nas categorías inferiores da selección suíza.
NotasEditar
- ↑ Candal, Rocío (3 de setembro de 2018). "Memorias deportivistas de los hijos de la emigración" (en castelán). Consultado o 5 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Servette - Vaduz 2014". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 5 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Chiasso - Servette 2014". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 5 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Dominguez rejoint Xamax" (en francés). 8 de setembro de 2020. Consultado o 5 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Dominguez wzmacnia środek pomocy Miedzi!" (en polaco). 10 de xullo de 2021. Consultado o 5 de xaneiro de 2022.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).
- Datos do xogador en weltfussball.de (en alemán).