Max Matsuura
Masato Matsuura (松浦 真在人 Matsuura Masato?), nado o 1 de outubro de 1964 na prefectura de Kanagawa (Xapón), máis coñecido como Max Matsuura, é un produtor musical xaponés e tamén un dos donos dun dos selos discográficos máis poderosos de Asia, Avex Trax. Masato é coñecido principalmente por descubrir novos artistas nos bares de karaoke para convertelos en grandes estrelas, case sempre conseguíndoo. Foi o que descubriu a Ayumi Hamasaki, da que agora é o seu grande amigo, e tamén por revivir a carreira de Ami Suzuki tras abandonar o seu anterior selo discográfico.
Max Matsuura | |
---|---|
Nacemento | 1 de outubro de 1964 |
Lugar de nacemento | Iocoama |
Nacionalidade | Xapón |
Alma máter | Universidade Nihon |
Ocupación | produtor musical e compositor |
Premios | Medal with Dark Blue Ribbon |
Na rede | |
http://max.syncl.jp/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Matsuura foi obxecto dunha grande controversia cando considerou deixar Avex Music Group xunto cun dos seus fundadores, Tom Yoda. Moitos artistas, incluíndo Hamasaki, afirmaron que deixarían o selo acompañando a Matsuura se el se ía do mesmo. Debido a isto, as accións da discográfica desplomáronse. A situación rematou cando Yoda reasinou con Avex Trax.