Matt Thomas

baloncestista estadounidense

Matt Thomas, nado o 4 de agosto de 1994 en Decatur, Illinois, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga no Alba Berlín da Basketball Bundesliga. Cunha estatura de 1,93 metros xoga na posición de escolta.

Matt Thomas
Alba Berlín
Información persoal
Nacemento 4 de agosto de 1994 (29 anos)
Decatur, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Posición Escolta
Información da carreira
Instituto Onalaska (Onalaska, Wisconsin)
Universidade Iowa State (2013–2017)
Carreira dende 2017
Historial de equipos
Obradoiro (2017–2018)
Valencia (2018–2019)
Toronto Raptors (2019–2021)
Utah Jazz (2021)
Chicago Bulls (2021–2022)
Panathinaikos (2023)
Alba Berlín (2023–presente)

Traxectoria profesional editar

Thomas xogou para os Los Angeles Lakers na Liga de Verán da NBA de 2017. O 29 de agosto de 2017, asinou co Obradoiro CAB.[1] Tras unha gran tempada en Santiago de Compostela, Thomas deixou o equipo galego para asinar un contrato de dúas tempadas co Valencia Basket.[2]

O 19 de xullo de 2019, anunciouse a súa fichaxe polos Toronto Raptors.[3] O 26 de outubro de 2019, Thomas debutou na NBA, facendo 6 puntos e 3 rebotes na vitoria dos Raptors contra os Chicago Bulls por 108–84.[4]

O 25 de marzo de 2021, Thomas foi traspasado ós Utah Jazz a cambio dunha futura elección da segunda rolda do Draft.[5] O 1 de agosto de 2021, foi cortado polos Jazz.[6]

O 8 de setembro de 2021, Thomas asinou cos Chicago Bulls.[7]

Notas editar

  1. "El Monbus Obradoiro ficha a Matt Thomas". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2018. Consultado o 16 de xullo de 2018. 
  2. "Acuerdo entre Valencia BC y Matt Thomas para las dos próximas temporadas". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2019. Consultado o 18 de xaneiro de 2021. 
  3. Raptors sign Matt Thomas
  4. Loung, Steven (26 de outubro de 2019). "Raptors' Anunoby shows glimpse of what he could be in rout of Bulls". www.sportsnet.ca. Consultado o 27 de febreiro de 2020. 
  5. "Utah Jazz Acquire Matt Thomas". NBA.com. 25 de marzo de 2021. Consultado o 27 de marzo de 2021. 
  6. "Utah Jazz waive Matt Thomas". NBA.com. 1 de agosto de 2021. Consultado o 1 de agosto de 2021. 
  7. "Bulls sign Free Agents". NBA.com. 8 de setembro de 2021. Consultado o 8 de setembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar